Francisco Somoza de Monsoriu, nado en Cabreira (Mera), na segunda metade do século XVIII e finado en 1809, foi un escritor, xurista e político galego.
Traxectoria De familia fidalga estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Neste oficio desempeñouse como avogado, procurador xeral, e decano do colexio de avogados da Real Audiencia de Galicia. Foi nomeado rexedor perpetuo da cidade da Coruña.
Publicou en 1775 a súa única obra coñecida: Estorbos y remedios de la riqueza de Galicia. Discurso político legal, na que analiza a situación económica da Galiza do seu tempo, deixando patente a súa preocupación polas clases sociais máis desfavorecidas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1809 Categoría:Avogados da Coruña Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Historia moderna de Galicia