O Homo sapiens afer é un taxon obsoleto inventado polo naturalista sueco Carl von Linnaeus en 1758 no seu libro Systema naturae . Designou unha subespecie do Homo sapiens.

Este taxon xa non se utiliza hoxe en día en zooloxía. O consenso científico actual rexeita en todo caso a existencia de argumentos biolóxicos que poidan lexitimar unha clasificación científica interna da especie humana segundo criterios morfolóxicos ou culturais. Alberto Piazza, « Un concept sans fondement biologique », Aux origines de la diversité humaine - la science et la notion de race, 30/09/1997, La Recherche (en francés)

Histórico

Orixes En 1684, o filósofo francés François Bernier publicou un intento teórico de dividir a especie humana en razas co artigo Nouvelle Division de la Terre par les différentes Espèces ou races d’homme qui l’habitent, envoyé par un fameux Voyageur à M. l’abbé de la *** à peu près en termes no Journal des savants. Segundo el habería catro razas, sendo unha delas o pobo saami e dividindo en tres razas os demais humanos de todos os continentes.

En 1735, o naturalista Carl von Linné publicou Systema naturae, a súa obra principal na que expuxo o seu método de clasificación da natureza. Alí divide os humanos en cinco especies, a saber, Homo africanus niger, Homo americanus rubescens, Homo asiaticus fuscus e Homo europeanus albescens.

Homo africanus niger é o primeiro taxon que agrupa os africanos. Polo tanto, é un prototipo de Homo sapiens afer. Linneo fixo cambios na súa clasificación sobre as novas edicións de Systema naturae.

Aparición En 1758, na 10ª edición de Systema naturae, fixo dos humanos unha única especie, Homo sapiens, dividida en varias subespecies. Cada unha delas caracterízase por unha zona xeográfica, unha cor de pel e un comportamento. Entre eles está o Homo sapiens afer que é descrito por Linneo, desde unha perspectiva racista, como «flegmático, de pel escura, lento, relaxado e descoidado».

En 1825, o naturalista francés Jean-Baptiste Bory de Saint-Vincent presentou a súa propia clasificación da humanidade. Os pobos da África subsahariana están representados alí polas especies Homo aethiopicus, Homo cafer e Homo hottentotus.

Posteridade O taxon Homo sapiens afer xa non se emprega. A teoría racista está desbotada polo consenso científico. O falso taxon Homo africanus aínda é empregado ás veces para referirse aos africanos ou Homo sapiens, para salientar as súas orixes africanas, mais é criticado o termo por prexuizoso, estereotipado e sen rigor, sendo confundido ás veces co homo australopithecus africanus.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Racismo Racialización Raza humana

Categoría:Antropoloxía Categoría:Taxonomía