Ipomoea carnea é unha especie de planta convolvulácea que crece como un arbusto. Esta planta anxiosperma ten follas con forma acorazonada que son verdes e de 15–23 cm de longo. É fácil de cultivar a partir das sementes. Estas sementes son tóxicas e poden ser perigosas para o gando; a toxicidade está relacionada co alcaloide swainsonina producido por estas endófitas, e coa bioacumulación de selenio nas follas pero principalmente nas sementes.

O talo de I. carnea pode utilizarse para facer papel. Tamén ten valor medicinal. Contén un compoñente idéntico á marsilina, un sedante e anticonvulsivo. Tamén se purificou desta planta unha saponina glicosídica con propiedades anticarcinoxénicas e oxitóxicas.

Unha selección de I. carnea denominada 'Inducer' foi utilizada como portaenxertos para inducir a floración de cultivares de batatas (que son tamén do xénero Ipomoea), que doutro modo son reticentes a producir flores.

No Brasil, I. carnea (ademais doutros nomes comúns) coñécese como canudo-de-pita, literalmente "cana da pipa", xa que os seus talos ocos eran usados para facer os tubos das pipas de tabaco ou cachimbas. Deu lugar tamén ao nome da localidade de Canudos, onde se formou no século XIX unha comunidade relixiosa do sertón de Bahia, considerada antirrepublicana, contra a que se librou a guerra de Canudos en 1893–1897.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

O cultivar 'Inducer' no USDA Germplasm System

carnea