Ambrosia artemisiifolia é unha especie de planta da familia das asteráceas nativa de rexións de toda América.Calflora: Ambrosia artemisiifolia
Taxonomía
O nome da especie, artemisiifolia, déuselle porque as follas desta planta lembran as das Artemisia.NPIN−Lady Bird Johnson Wildflower Center Native Plant Information Network: Ambrosia artemisiifolia
Distribución
A planta é nativa de América do Norte dende o Canadá e Alasca ao leste e centro dos Estados Unidos, as Grandes pradeiras, e no Caribe en Cuba, A Hispaniola e Xamaica; ata América do Sur na biorrexión sur (Arxentina, Chile, Paraguai, Uruguai), e na biorrexión oeste (Bolivia, Perú) e no Brasil.Bonap.net: Biota of North America Program county distribution map (2014)Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. (eds.) 2008. Nuevo Catálogo de la Flora Vascular de Venezuela 1–859. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.Jørgensen, P. M., M. H. Nee & S. G. Beck. (eds.) 2015 en adelante. Catalogo de las plantas vasculares de Bolivia (adiciones). A distribución desta planta en Europa espérase que se espalle no futuro debido ao cambio climático.
É a especie máis estendida destre xénero en América do Norte, onde a maioría das outras especies de Ambrosia son endémicas. Durante o verán causa alerxia en persoas susceptibles.
Descrición Ambrosia artemisiifolia é unha planta anual que agroma ao final da primavera. Pode progagarse por rizomas ou por sementes.
Ten moitas ramas e crece ata ter 70 cm de altura.Jepson eFlora (TJM2): Ambrosia artemisiifolia . Consultado o 26 de agosto de 2016. As follas divididas en pinnas e pelosas son de 3 a 12 cm de lonxitude.
O seu periódo de floración é de xullo a outubro en América do Norte. O pole é dispersado polo vento e pode ser moi alerxénico para persoas con febre do feo.Newscientist.com: "North American ragweed to bring autumn allergy misery to Europe."
Produce froitos de verdes a marróns de 2–4 mm obcónicos (forma de cono invertido). Forma sementes ao final do verán ou outono. Como as sementes persisten durante o inverno e son numerosas e ricas en aceite, son do gosto de diversas aves.
Especie invasora
miniatura|esquerda|Ambrosia nun galiñeiro en Bélxica. Ambrosia artemisiifolia é unha especie invasora moi esendida e pode converterse nunha nociva mala herba, que se naturalizou en: Europa; a Asia temperada e o subcontinente indio; norte e sur da África temperada e en Macaronesia; Oceanía en Australia, Nova Zelandia e Hawai; e no suroeste de América do Norte en California e outras zonas do suroeste dos Estados Unidos.Flora of North America Vol. 21 Page 15 Ambrosia artemisiifolia Linnaeus, Sp. Pl. 2: 988. 1753. Flora of China Vol. 20-21 Page 876, 877 豚草 tun cao Ambrosia artemisiifolia Linnaeus, Sp. Pl. 2: 988. 1753. Altervista.org: Flora Italiana − Ambrosia artemisiifolia L.Atlas of Living Australia: Ambrosia artemisiifolia (Annual Ragweed)Circabc.europa.eu; Final report: "EC Assessing and Controlling the spread and the effects of Common ragweed in Europe" Un estudo científico que investigou as bases xenómicas da súa invasividade en Europa, onde se introduciu no século XIX, resecuenciou 655 xenomas da planta, incluíndo 308 espécimes de herbario recollidos hai 190 anos. Nas poboacións europeas invasivas, o estudo atopou que había unha selección de sinaturas en xenes defensivos e unha baixa frecuencia de patóxenos que induzan enfermidades nesta planta. Xunto cos cambios temporais na estrutura da poboación asociados coa introgresión desde especies estreitamente relacionadas de Ambrosia, a capacidade de escapar de inimigos microbianos específicos probablemente favareceu o seu salientable éxito como especie invasora.
É unha mala herba moi competitiva e pode producir unha perda de rendemento nas colleitas de soia de ata o 30%. Controlala labrando a terra pola noite reduce a súa aparición nun 45%. A rotación de cultivos de cereais tamén a suprime se son sobresementadas con trevo. Doutro modo, a planta crece e madura, producindo sementes no restroballo do cereal.
Métodos de control En 2005 varios herbicidas probaron ser efectivos contra a A. artemiifolia, aínda que se sabe que existen poboacións resistentes.A. Davis, K. Renner, C. Sprague, L. Dyer, D. Mutch (2005). Integrated Weed Management. MSU. En 2007 varias poboacións mostraron resistencia ao glifosato pero só nos Estados Unidos.
En 2014 o escaravello Ophraella communa apareceu ao sur dos Alpes no sur de Suíza e norte de Italia. Moitas das A. antemisiifolia que foron atacadas por el quedaron completamente defoliadas. O escaravello Zygogramma suturalis foi introducido en Rusia e despois na China para o control desta planta, con resultados iniciais moi positivos.
SMARTER é unha rede de expertos europea interdisciplinar implicada no control desta planta, profesionais sanitarios, aerobiólogos, ecoloxistas, economistas e modeladores atmosféricos e agrícolas.Cf. www.ragweed.eu . O proxecto funcionou desde 2013 a 2017 como parte dun programa da Unión Europea de Cooperación Europea en Ciencia e Tecnoloxía (COST polas súas siglas en inglés). Contou con máis de 120 participantes activos de 33 países en 2013.
Composición química e usos Sesquiterpeno lactonas moluscicidas Illáronse tres sesquiterpeno lactonas das partes aéreas de Ambrosia artemisiifolia, identificados como psilostaquina A, psilostaquina B e psilostaquina C. As tres teñen certa actividade moluscicida contra o pequeno caracol tropical de auga doce Oncomelania hupensis.
Medicinal Ambrosia artemisiifolia foi usada tradicionalmente como planta medicinal por tribos de indios nativos americanos, como os cherokees, lakotas, iroqueses, dakotas e delawares.BRIT.org: Native American Ethnobotany Database on Ambrosia artemisiifolia . Consultado o 26 de agosto de 2016.
Fitorremediación Ambrosia artemisiifolia é utilizada en proxectos de fitorremediación para corrixir a contaminación do solo, porque elimina metais pesados como o chumbo dos solos contaminados.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
[https://www.calflora.org/cgi-bin/species_query.cgi?where-calrecnum=290 Calflora Database: Ambrosia artemisiifolia, especie non nativa naturalizada en California [http://ucjeps.berkeley.edu/eflora/eflora_display.php?tid=805 Jepson Manual eFlora (TJM2) tratamento de Ambrosia artemisiifolia, especie non nativa naturalizada en California UC CalPhotos gallery: Ambrosia artemisiifolia
Categoría:Asteraceae Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné