miniatura|left|Escudo de Carlos de Calabria Carlos de Calabria, nado en Nápoles en 1298 e finado na mesma cidade en 1328, foi príncipe de Nápoles e duque de Calabria.

Traxectoria

Orixes familiares Fillo de Roberto I de Nápoles e da súa primeira esposa Violante de Aragón, era neto por liña paterna de Carlos II de Nápoles e María de Hungría, e por liña materna do conde-rei Pedro III de Aragón e Costanza de Sicilia.

Ao nacer foi nomeado duque de Calabria e príncipe de Florencia, títulos que o recoñecían como herdeiro do seu pai.

Matrimonios e descendentes En 1316 casou con Catarina de Habsburgo, filla do rei Alberte I de Austria. Desta unión naceu: A infanta María de Nápoles (1322 - 1328). O 11 de xaneiro de 1324 casou, nun segundo matrimonio, con María de Valois, filla de Carlos I de Valois e irmá do rei Filipe VI de Francia e naceron: A infanta Xoana I de Nápoles (1326 - 1382), raíña de Nápoles. o infante Carlos Martiño de Nápoles (1327) a infanta María de Nápoles (1328 - 1366), casada en 1343 co seu curmán Carlos Durazzo e en 1355 con Filipe II de Tarento, Emperador titular de Constantinopla.

A súa morte prematura o 10 de novembro de 1328 significou que os seus dereitos dinásticos fosen transferidos automaticamente á súa única filla sobrevivente, Xoana I de Nápoles.

Véxase tamén

categoría:duques de Calabria categoría:nados en Nápoles categoría:nados en 1298 categoría:finados en 1328