A Placa Laureada de Madrid foi a máxima condecoración militar á valentía da Segunda República Española. Concedeuse en recoñecemento á acción, individual ou colectiva, de protexer á nación e aos seus cidadáns ante o risco inmediato para a vida do portador. Os elixibles eran membros das Forzas Armadas da República Española e antes da concesión comprobáronse testemuñas fidedignas.Luis Grávalos & José Luis Calvo, Condecoraciones Militares Españolas, Editorial San Martin, 1988,
Nomeado así pola capital de España, simbolizando a valentía e a defensa da República durante o asedio de Madrid durante a guerra civil española,Second Spanish Republic 23 January 1938 Decree a Insignia Laureada de Madrid foi establecida o 25 de maio de 1937 como o equivalente republicano español da Real e Militar Orde de San Fernando outorgada pola monarquía e polos franquistas.Gazeta da República, núm 145, a 25 de Maio de 1937.
Galardoados Un total de 8 persoas recibiron esta medalla:
Exército republicano español Vicente Rojo Lluch, xeneral do Exército Popular e xefe de Estado Maior Diario oficial de la República, núm.11 (11 de enero de 1938) José Miaja Menant, xeneral do Exército Popular Diário Oficial da República, núm.164 (13 de xuño de 1937) Manuel Fontela Frois, maior da Cabalería Republicana Diário Oficial da República, nº 28 (28 de Janeiro de 1938) Domitiano Leal Sargenta e Manuel Álvarez Álvarez, Milicias Maiores polo seu papel na batalla do Ebro (a título póstumo) Diario Oficial de la República, núm.12 (12 de enero de 1939) Mariña Republicana Española Luis González de Ubieta, almirante da Armada Republicana polo seu papel no afundimento do cruceiro pesado Baleares na batalla de Cabo de Palos, a maior batalla naval da guerra civil.Manuel Rubio Cabeza, Diccionario de la Guerra Civil Española 1, Pág. 95. Editorial Planeta, Barcelona, 1987. Ambrosio Ristori de la Cuadra, maior da Infantería de Marina (a título póstumo), polas súas fazañas no asedio ao Alcázar e na batalla de Seseña, onde morreu en combate.Diário Oficial da República, nº 47 (16 de Fevereiro de 1938) Forza Aérea da República Española Leocadio Mendiola Núñez, maior do Exército do Aire, polos servizos prestadosDiário Oficial da República, núm. 243 (31 de Agosto de 1938) (Aínda que foi galardoado, Mendiola nunca recibiu a medalla tras a caída da II República Española)
Distintivo de Madrid miniatura| Insignia do Distintivo de Madrid. O Distintivo de Madrid foi un galardón relacionado coa placa Laureada,Legislacíón sobre la Placa Laureada de Madrid y Distintivo de Madrid, Revista de historia militar, ISSN 0482-5748, Nº Extra 2, 2011, pp. 299-316 creada pola II República Española para premiar a valentía. Concedeuse ao persoal da Mariña Republicana española e aos buques que participaron na Batalla de Cabo de Palos en xaneiro de 1938.Second Spanish Republic 23 January 1938 Decree
Após a concesión do Distintivo Laureado de Madrid a Luis González de Ubieta, almirante da frota leal, o Distintivo de Madrid foi concedido aos cruceiros da Armada Republicana española Libertad e Méndez Núñez, e aos destrutores Lepanto, Almirante Antequera e Sánchez Barcáiztegui, así como á súa tripulación polo seu papel na batalla de Cabo de Palos. Estes barcos navegarían en diante cunha bandeiriña especial e os homes levarían un distintivo especial nos seus uniformes co vello escudo de Madrid. Enrique García Domingo, Recompensas republicanas por el hundimiento del Baleares, Revista de Historia Naval 1997, Año XV no. 59, pág. 70
Notas
Véxase tamén
Cruz Laureada de San Fernando
Ligazóns externas
Reglamento de la Placa Laureada de Madrid. Gaceta da República: Boletín Oficial, número 145, 25 de maio de 1937:
Placa Laureada de Madrid Segunda República (1931-1939) República - EPR, Condecoracións
Categoría:Ordes, condecoracións e medallas de España Categoría:Guerra civil española Categoría:Segunda República Española