Fernando González de Traba ou Fernão Gonçalves (fl. 1159–1165) foi un nobre galego e xefe da Casa de Traba durante o reinado de Fernando II. Era o primoxénito de Gonzalo Fernández de Traba e Elvira Rodríguez. Foi o alférez do reino desde abril de 1159 ata polo menos o 31 de xullo de 1160. Foi recoñecido como conde, o rango nobiliario máis alto do reino, o 13 de xaneiro de 1160 en Galiza, pero a corte real non o recoñeceu coma tal ata o 13 de febreiro de 1161. Ocupou as tenencias que tiña o seu pai: Aranga (1160–1161), Traba (1160–1161), Monterroso (1160–1163) e Trastámara (1161–1165), ata os catro simultaneamente (polo menos do 2 de xuño ao 20 de setembro de 1161). Apoiou con doazóns os mosteiros cistercienses de Sobrado (1162) e Monfero (1163). Que se coñeza, Fernando asinou a súa última carta o 26 de decembro de 1165. Existe unha carta datada por erro o 6 de xaneiro de 1165 pola que o seu irmán, Gómez González de Traba, fixo unha doazón a Xuvia polo ben da súa alma. Non tiña muller nin fillos coñecidos.Barton (1997), p. 238ob remedium anime patris mei et fratris mei iam defuncti comitis Fernandi Gundisaluit "polo remedio das almas do meu pai e irmán, o xa falecido conde Fernando González"

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Condes de Galicia Categoría:Nados no século XII Categoría:Finados no século XII