Bill Whelan, nado o 22 de maio de 1950 en Limerick, é un compositor irlandés. É coñecido polo espectáculo de danza Riverdance, gañador dun Grammy.
Antes do Festival da Canción de Eurovisión de 1994 en Dublín, pediuse a Whelan que compuxese o número de intermedio na competición. O resultado, Riverdance, unha actuación de sete minutos de danza tradicional irlandesa, foi un grande éxito. Ao ano seguinte, estreouse a primeira longametraxe musical en Dublín.
Relación con Galiza Participou coa Orquestra Sinfónica de Galicia en «Corazón celta: de Irlanda a Galicia», un concerto dirixido por Proinnsías O´Duinn, director da orquestra da Raidió Teilifís Éireann (Radio Televisión de Irlanda). Nel tocou «Inishlacken», «Riverdance» e «The Seville Suite (De Kinsale a La Coruna)», composición que fixo para a EXPO 92 sobre a derrota del Hugh O´Donnell O Roxo polos exércitos ingleses en 1601 e a súa chegada ao Reino de Galiza (á Coruña e Compostela) para obter apoios (Véxase a Fuga dos Condes). Anteriormente, xa tiña colaborado co grupo Milladoiro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Música celta
Ligazóns externas
"The Coast Of Galicia" - por Bill Whelan
Categoría:Alumnos do University College Dublin Categoría:Compositores de Irlanda Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Limerick