A Banda de Música Xuvenil de Xinzo é unha banda de música popular de parroquia de Xinzo (Ponteareas).

Historia Naceu no ano 1979 da man do trompista José Guillén Loranzo, músico militar con destino na banda de música do rexemento Murcia 42 de Vigo no cuartel en Barreiro. A presentación oficial foi o 28 de xuño de 1981.

Segundo conta Delio Represas seu pai coñeceu a Guillén nun bar de Xinzo e aos poucos días comezou a impartir aulas aos nenos da parroquía nunha furgoneta. Da furgoneta pasaron ao salón parroquial cedido polo cura e iso foi o xerme da banda.

Entre 2006 e 2007 contituíuse oficialmente a Escola de Música, creándose a Banda da Escola de Música. Actualmente conta con máis de 60 alumnos e alumnos das diferentes especialidades instrumentais.

Directores José Guillén Lorenzo. Bolívar González Rodríguez. Sergio Hurtado Carrascosa. Antonio Budiño Durán. Miguel Anxo Castro Carrera (1996-2006) Álvaro Varela Ferradáns (2006-2007) Iñaki Lecumberri Camps (2008) César Núñez Pérez (2008-2011) Juan Carlos Díaz Álvarez (2011-2014) José Javier Bascoy Iglesias (2015-2015) Ángel Antonio Montes Abalde (2016-2016) Roberto Sánchez Barreiro (2016-2018) Javier Blanco González (2018-2022) Rodrigo Iglesias Silva (2022-)

Músicos destacados

Fernando Abreu Feliciano Cebreiro Andrés Covelo José Ángel Presa Carrera Benito Porto Delio Represas Carrera José Luís Represas Carrera Marcos Represas Carrera Yolanda Represas Carrera

Discografía Banda de música xuvenil de Xinzo (Ponteareas) (1992). Fonoteca 92, casete. El Correo Gallego – CG-A66-L. Director: Bolivar González. Ponteareas (2016). Con música de Reveriano Soutullo. Dos acordes. Director: Juan Carlos Díaz.

Notas

Categoría:Bandas de música de Galicia Categoría:Ponteareas