thumb|Atrio da igrexa durante a celebración da danza e contradanza de Darbo 2009. A danza e contradanza de Darbo é unha danza branca propia da parroquia canguesa de Darbo. Encádrase dentro das danzas gremiais (ou danzas brancas) que se escenifican no día da romaría consagrada a Santa María, o 8 de setembro no adro da igrexa parroquial,Manolo Cobas Paredes, "A.C Lembranzas da Ría II. Traballo etnográfico de de recuperación", A illa dos ratos, 27/07/2021 logo da misa das 12:30 e a procesión. Danzan xuntos damas e galáns e na súa orixe pretendía combater enfermidades pandémicas e pestes.Anxo Coya Otero, "Os entrados tradicionais de Cangas I", A illa dos ratos, 18/02/2023 Estivo esquecida durante décadas e foi recuperada anos 80 por vontade popular.

Estrutura A distribución dos danzantes é a seguinte: fórmanse tres ringleiras paralelas con cinco individuos en cada unha, nas exteriores póñense os homes ou galáns. Na ringleira central van as mulleres ou damas máis o guía, os primeiros de cada fila son os contraguías.

Consta de dúas partes, a primeira é a máis lenta onde se levan a cabo intercambios das posicións das ringleiras ao tempo que se desprazan cunha coreografía. A segunda parte amenízase con muiñeiras. Adoitan tamén acompañar a danza con melodías de valses, pasodobres, alboradas e outras melodías interpretadas por gaiteiros.

Vestimenta miniatura|Dama co traxe e sombreiro floral típico miniatura|Traxes de damas e galáns 2009 miniatura|Traxe completo do guía 2009 07 miniatura|Contraguía 2009 03 miniatura|Detalle dos pendentes masculinos (cuño de 2009). O traxe dos homes (galáns) está formado por pantalóns e chalecos negros, faixa, camisa branca, cirolas, polainas e chapeus, ademais os homes levan pendentes. As mulleres portan camisa branca e saias brancas con puntilla, mandil negro, un pano na cabeza e sobre os ombros mantón de caxemira. O máis salientable é que adornan a súas cabezas con sombreiros florais feitos de maneira artesanal par cada danzante. O guía de damas leva entre as flores plumas de pavón e o mantón cruzado.

A recuperación da danza perdida O pulo máis importante para a recuperación da danza propiciouno a Asociación Cultural Lembranzas da Ría —que se encarga de recuperar o folclore típico do Morrazo—. No ano 1985 comezaron a investigación para traer de volta esta singular danza, esquecida durante 71 anos, botando man das memorias dos veciños no principio. Pero o que marcou a diferenza foi dar con Antonia Martínez Seijas, unha muller da Coruña que rexistrara tempo atrás en papel a música e os pasos.

Consultáronse tamén cancioneiros entre os que destacan os de Casto Sampedro.

Para contrastar as fontes botaron man dos arquivos fotográficos do entroido recuperados das fotos de Mil Homes —taberna histórica da comarca— e do Museo de Pontevedra.

Xunto a Lembranzas da Ría tamén destaca a figura de Belén Guimeráns, presidenta da Asociación da Danza de Darbo ata a súa retirada no 2018. Durante 31 anos dedicouse a recuperar e conservar esta danza e contradanza.

A singularidade desta representación folclórica fai que, xunto as danzas do Hío e Aldán —cunhas características similares— a Xunta decidise incluílas na lista de festa galegas de interese turístico baixo a denominación de Danzas ancestrais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Danzas brancas Entroido tradicional de Darbo Entroido de Meira

Ligazóns externas Web da asociación cultural Lembranzas da Ría Cartel da romaría no 2019 Web Turismo Galicia

Categoría:Cangas de Morrazo Categoría:Danzas brancas