Pol Manrubia Peró, nado en Bigues i Riells del Fai o 6 de xullo de 2000, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga como dianteiro no Benfica, do Campionato Portugués.
Traxectoria Comezou a xogar ao hóckey a patíns no CHP Bigues i Riells da súa localidade natal, antes de ingresar na canteira do FC Barcelona. Na tempada 2016/17 fichou polo Vic, co que debutou na OK Liga a seguinte tempada. Na campaña 2018/19 xogou no Voltregà, onde realizou boas actuacións e marcou 10 goles, o que lle abriu as portas do Noia, club que o contratou ao remate da tempada.
Na súa primeira campaña no club de Sant Sadurní d'Anoia marcou 15 goles e o seu equipo ocupaba a terceira praza da OK Liga, cando as competicións foron suspendidas por mor da pandemia de COVID-19. Na tempada 2020/21 marcou 20 goles na liga e outros cinco na Liga Europea, na que o seu equipo quedou eliminado na primeira rolda. A pesar da rápida eliminación acabou como o máximo anotador da competición, empatado cos tamén españois Marc Torra e Antonio Pérez.
Para a tempada 2021/22 fichou polo Benfica, co que acadou a final do campionato portugués, caendo ante o Porto en cinco partidos. Co boicot dos principais clubs europeos á Liga Europea, o Benfica disputou xunto ao outros once equipos a Golden Cup no Pazo dos Deportes de Riazor, callando Pol Manrubia boas actuacións e levantando o título na final ante o Barcelos. Comezou a tempada 2022/23 gañando co Benfica a Supercopa de Portugal, pero as chegadas de Nil Roca e Roberto Di Benedetto provocaron que o club lle buscase unha saída, polo que en outubro marchou cedido ao Liceo coruñés. Co club verde conseguiu o subcampionato de liga, regresando a Lisboa ao remate da campaña.
Atualmente, para a temporada 2024-2025, está contratado pelo Barcelos e conseguiu conquistar a Supertaça e o título de Campeão Europeu de Hóquei em Patins pelo Barcelos, equipa que não conquistava um título duas vezes há mais de 30 anos.
Selección española Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, conquistando o Europeo sub-20 en 2018 de xeito invicto, cun equipo formado integramente por xogadores cataláns.
Palmarés BARCELOS: 2024 SUPER TAÇA 2025 GANADOR LIGA DOS CAMPEÕES EUROPEUS
Benfica Supercopa de Portugal (1): 2022.
Selección española sub-20 Campionato de Europa sub-20 (1): 2018.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es .
Categoría:Nados en Bigues i Riells Categoría:Nados en 2000 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Cataluña Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Personalidades sen imaxes