Matria é un filme galego de 2023 dirixido por Álvaro Gago (no seu debut como director dunha longametraxe) e protagonizado por María Vázquez. Foi rodado en lingua galega.

Sinopse Ambientada nunha vila mariñeira galega, a trama segue a difícil situación de Ramona, unha muller traballadora que loita por manterse a flote. Segundo María Vázquez "Matria reflicte a vida dunhas mulleres moi fortes e poderosas, pero con pouca autoestima. Manteñen a industria na zona das Rías Baixas e tamén coidan da súa familia e da familia dos demais para que estes poidan traballar".

Personaxes María Vázquez as Ramona Santi Prego como Andrés Soraya Luaces como Estrella E.R. Cunha "Tatán" como Xosé Susana Sampedro como Carme

Produción A historia baséase libremente na vida de Francisca Iglesias, unha muller que coidaba do avó de Gago, e que protagonizou a curtametraxe homónima de Gago. María Vázquez asumiu o papel protagonista (Ramona) da longametraxe, interpretando unha versión máis nova do personaxe. Francisca Iglesias desempeña un papel menor no filme. O filme foi producido pola pontevedresa Matriuska Producciones, a madrileña Avalon PC, a valenciana Elastica Films e a barcelonesa Ringo Media. Completamente rodado en lingua galega, María Vázquez (que se criou na provincia de Lugo) afrontou o reto de adaptar o seu galego á variedade das Rías Baixas.

Estrea O filme estreouse o 17 de febreiro de 2023 na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, proxectado na sección Panorama do festival. Estreouse nos cinemas en España o 24 de marzo de 2023.

Acollida Jonathan Holland de ScreenDaily, advertindo de que "calquera persoa que busque unha historia valente e contra prognóstico, contada a través dos ollos dunha vítima da inxustiza, chegou ao lugar equivocado", e destacou que unha das virtudes fundamentais do filme é que [a protagonista] "é falible e autodestrutiva".

Marta Balaga de Cineuropa considerou que o filme é "unha boa visión do cinema social", e que conta cunha protagonista [Ramona] que "se sente real e "divertida" de seguir, aínda que un pode quedar sen alento".

Galardóns AnoCerimoniaCategoríaGalardoadoResultadoRef 2023 26ª edición do Festival de Cinema de Málaga Biznaga de prata á mellor actriz María Vázquez a Nos Premios Mestre Mateo 2024 levou cinco premios: actor secundario (Santi Prego), interpretación feminina secundaria (Susana Sampedro), dirección de produción (Nati Juncal), dirección de fotografía (Lucía C. Pan), interpretación feminina protagonista (María Vázquez).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Matria, curtametraxe de 2017. Lista de filmes en galego con maior recadación

Ligazóns externas

Las que limpian artigo de Ismael Ramos

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia