O tesouro de Upchurch é un conxunto de 37 moedas romanas (sestercios) disposto no interior dunha vasilla cerámica, datadas entre os séculos I e II d. C., achado preto da vila de Upchurch, en Kent, Inglaterra, en 1950.
O achado No inverno de 1950 achouse na zona de Slay Hill Marshes, ao noroeste de Upschurch, un recipiente cerámico que contiña 37 sestercios romanos datados entre finais do século I e a segunda metade do século II da nosa era."The Upchurch Hoard". Andrewmccabe.ancients.info A 30 metros dese mesmo lugar descubrírase en 1864 outro depósito de moedas romanas."Monument Number 418778". Historic England Research Records (Heritagegateway.org.uk).
Todas as moedas estaban moi gastadas e amosaban claros sinais de uso, o que dá conta dun longo período en circulación. Por este mesmo motivo, as peor conservadas son as emitidas a nome de Domiciano (81-96) e as mellor conservadas son as máis recentes, correspondentes á época de Faustina a Nova (161-175).
Segundo a datación das moedas e a análise da vasilla, de pequena barriga, típica da zona, é probable que o conxunto fose agochado a principios do século III.
Segundo o investigador numismático Richard Abdy, o motivo do atesouramento destes sestercios podería deberse a que o custo da aliaxe de oricalco na que están cuñados superaba amplamente, no século III,o valor nominal das moedas, polo que, dado o seu gran tamaño e peso se acumularían a modo de lingotes.
Contido Das 37 moedas orixinais do tesouro, 17 exemplares perdéronse. Os 20 sestercios restantes foron emitidos a nome dos seguintes emperadores:
+EmperadorPeríodoExemplaresDenominaciónDomiciano81-961SestercioTraxano98-1173Hadriano117-1388Antonino Pío138-1612Faustina Maior138-1401M. Aurelio161-1804Faustina Nova161-1751
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794 Gray, P. H. K. (1954). "A hoard of sestertii (Domitian-Commodus) from Slayhills Marsh, Upchurch, Kent". En The Numismatic Chronicle. Vol. 14. Nº 44. Royal Numismatic Society. Páxinas 201-203.
Outros artigos Tesouro
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Tesouros romanos