David C. Harper, nado en Gary, Indiana, o 24 de xullo de 1955, é un xornalista e editor numismático estadounidense.

Traxectoria David Harper iniciouse no mundo do coleccionismo numismático en 1963, á idade de oito anos, cunha modesta colección de moedas dun centavo de dólar, e en 1969 subscribiuse á revista Numismatic News, sen saber que anos despois marcaría o seu futuro profesional.

Harper cursou os seus estudos superiores de Xornalismo e de Economía, na Universidade de Wisconsin en Oshkosh, onde se graduou en 1977.Smith, P. (2012).

O 17 de abril de 1978 ingresou na editora numismática Krause Publications, e durante as súas catro décadas de vinculación con esa compañía foi editor de varias revistas numismáticas, como Coins Magazine, World Coin News, Bank Note Reporter e Numismatic News.

Entre outros cargos en entidades de carácter asociativo, Harper foi membro da xunta directiva do Numismatic Literary Guild (NLG) entre 1989 e 1991.

Recoñecementos

1985: Premio Century Club, da American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association. 2001: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. 2002: Medalla ao mérito da ANA. 2007: Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a American Numismatic Society (ANS) e o Numismatic Literary Guild (NLG). 2021: Incluído na listaxe das persoas máis influentes en numismática en 1960-2020, pola revista Coin World."David C. Harper". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 96.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Smith, P. (2012). "Harper, David (Carl)". En American Numismatic Biographies. Páxina 189. "David C. Harper". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 96. Outros artigos Krause Publications

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados no condado de Lake, Indiana Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Editores Categoría:Alumnos da Universidade de Wisconsin Categoría:Personalidades sen imaxes