Thomas K. DeLorey, nado en Detroit, Míchigan, o 26 de agosto de 1950, é un investigador e escritor numismático estadounidense.
Traxectoria Thomas DeLorey cursou os seus estudos superiores na Universidade Estatal Wayne, en Míchigan, a súa cidade natal, onde se graduou en 1972.Smith, P. (2012).
O decembro do ano seguinte ingresou no cadro da revista numismática Coin World como corrector de probas e en maio de 1974 foi nomeado editor adxunto da sección "Collectors' Clearinghouse".
O 1 de novembro de 1978 foi contratado pola American Numismatic Association (ANA) como autenticador, e traballou na ANACS —a axencia de certificación da ANA— desde xullo de 1981, ata a súa dimisión o 30 de abril de 1984. Durante ese período é de salientar a súa identificación do espécime "Linderman" do dólar de 1804 que lle fora roubado a Willis DuPont.
En 1981 foi editor do TAMS Journal, publicación da Token and Medal Society.
Posteriormente traballou cos comerciantes numismáticos Walter Perschke (durante 1984-1988) e Harlan Berk (1989- 2010), ambos establecidos en Chicago. En 2004 ingresou no Professional Numismatists Guild ("Gremio de Numismáticos Profesionais").
DeLorey foi un estudoso dos produtos numismáticos do comerciante Thomas Elder, asunto sobre o que escribiu un coñecido artigo titulado "Thomas L. Elder: A Catalogue of his Tokens and Medals", publicado en The Numismatist en xuño e xullo de 1980,DeLorey, T. (1980). "Thomas L. Elder: A Catalogue of his tokens and medals" (1ª parte). En The Numismatist. Xuño. Páxinas 1328-1351.DeLorey, T. (1980). "Thomas L. Elder: A Catalogue of his tokens and medals" (2ª parte). En The Numismatist. Xullo. Páxinas 1608-1630. que o fixo merecedor dos premios Heath Literary e Wayte and Olga Raymond Memorial en 1981. Outro artigo seu sobre James N. Longacre publicado en 1985, na mesma revista,DeLorey, T. (1985). "Longacre: Unsung engraver of the U.S. Mint". En The Numismatist. Vol. 98. Nº 10. Outubro. valeulle novamente a concesión de ambos os premios. E en 2020, por un artigo sobre o dólar da Liberdade Sentada de 1873-S publicado o ano anterior, logrou estes dous premios por terceira vez."ANA Honors distinguished numismatists and writers with awards". En Coins Weekly. 27 de agosto de 2020.
Vida familiar DeLorey casou o 18 de outubro de 1986 con Jean Hardwidge, quen faleceu en 2010. Volveu contraer matrimonio en 2013.
Recoñecementos
1981, 1985 e 2020: Premio Heath Literary. 1981, 1985 e 2020: Premio literario Wayte and Olga Raymond Memorial. 1999: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. 2009: Numismático do ano, da American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association. 2011: Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a American Numismatic Society (ANS) e o Numismatic Literary Guild (NLG). 2020: Premio á Traxectoria, da ANA. 2021: Incluído na listaxe das persoas máis influentes en numismática en 1960-2020, pola revista Coin World.Thomas DeLorey". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 38.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Smith, P. (2012). "DeLorey, Thomas K.". En American Numismatic Biographies. Páxina 110. "Thomas DeLorey". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 38.
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Detroit Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Editores Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Alumnos da Universidade Estatal Wayne Categoría:Personalidades sen imaxes