90 Day Men foi unha banda estadounidense de rock progresivo fundada no ano 1995 en St. Louis, Missouri, e posteriormente baseada en Chicago, Illinois. O seu nome é un termo da xerga que usan os policías para referirse aos reclusos que deben someterse a un exame psiquiátrico.

Historia O grupo naceu no ano 1995 en St. Louis como un trío composto por Brian Case, Cayce Key e Chandler McWilliams. En 1996 a banda lanzou a súa estrea, o sinxelo "Taking Apart the Vessel" con tres temas.

En 1997 uniuse a eles Robert Lowe como trompetista e vocalista e a banda mudouse a Chicago. Ese mesmo ano a banda gravou o seu primeiro traballo como cuarteto, o sinxelo "If You Can Bake a Cake, You Can Build a Bomb", seguido en 1998 polo EP 1975-1977-1998, lanzado polo selo Temporary Residence e que incluía os dous temas do sinxelo e tres cancións máis. A finais dese ano 90 Day Men fichou polo selo Southern Records.

Con Southern a banda gravou o seu álbum de estrea, (It (Is) It) Critical Band, lanzado no ano 2000. Nesa época uniuse ao grupo o teclista Andy Lansangan.

A banda lanzou dous álbums de estudio máis, To Everybody en 2002, e Panda Park en 2004, ámbolos dous a través de Southern Records, ademais de editar o EP To Late or Too Dead en 2003. A banda separaríase pouco despois.

No ano 2005 Lowe iniciou o proxecto en solitario Lichens, e publicou material co nome Robert A. A. Lowe con varios selos. Lowe tamén tocou no grupo Om varios anos. Brian Case formou barias bandas, como The Ponys, Disappears, e FACS, e o batería Cayce Key toca en Bloodiest.

En 2022 The Numero Group anunciou que adquirira os dereitos do catálogo anterior de Southern e comezou a reeditar a discografía da banda en servizos de streaming.

O 19 de xaneiro de 2024 Numero lanzou We Blame Chicago, unha recompilación que incluía os tres álbums da banda, varios EPs e sinxelos, e varias cancións inéditas, incluída unha Peel session inédita gravada orixinalmente en 2001. O 9 de outubro a banda anunciou que se reunirían para dous concertos no Empty Bottle de Chicago o 30 e o 31 de decembro. O 20 de novembro anunciouse que a recompilación estaba nomeada a un Grammy na categoría de Mellor Caixa ou Edición Limitada Especial, aínda que finalmente perdeu fronte a unha reedición de Mind Games de John Lennon.

Discografía ÁlbumAnoSeloNotasTaking Apart the Vesse1996autoeditadoEPIf You Can Bake a Cake, You Can Build a Bomb1997Action BoyEP1975-1977-19981998Temporary ResidenceEPSplit with GoGoGoAirheart2000Box Factory RecordsEP compartido con GoGoGoAirheart(It (Is) It) Critical Band2000Southern RecordsálbumTo Everybody2002Southern RecordsálbumToo Late or Too Dead2003Southern RecordsEPPanda Park2004Southern Recordsálbum

Notas

Categoría:Grupos musicais de Missouri Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1995