miniatura|350px|Estrutura da envoltura bacteriana gramnegativa.
A membrana externa bacteriana encóntrase en bacterias gramnegativas. A súa composición é distinta da que ten a membrana plasmática interna; entre outras cousas, a capa externa da bicapa lipídica da membrana externa de moitas bacterias gramnegativas ten un lipopolisacárido complexo, cuxa porción lipidica actúa como endotoxina e nalgunhas bacterias como Escherichia coli está ligada o peptidoglicano da parede pola lipoproteína de Braun.
Nesta capa poden encontrarse porinas e outras proteínas da membrana externa, moitas relacionadas coa virulencia da bacteria.
Importancia clínica
Se o lípido A, que forma parte do lipopolisacárido, entra no sistema circulatorio causa unha reacción tóxica ao activar o receptor de tipo Toll TLR 4. O lípido A é moi patóxeno e non inmunoxénico. Porén, o compoñente polisacárido é moi inmunoxénico, pero non patóxeno, causando unha resposta agresiva do sistema inmunitario. O paciente terá febre, alta frecuencia respiratoria e baixa presión arterial. Isto pode orixinar un choque endotóxico, que pode ser mortal. Da membrana externa bacterina despréndense vesículas da membrana externa en cultivos e tamén en tecidos animais na interface hóspede-patóxeno, implicadas na translocación de sinais bioquímicas de microbios gramnegativos ás células diana do hóspede.
Bioxénese
A bioxénese da membrana externa require que se transporten cada un dos compoñentes desde o lugar de síntese ao seu destino final fóra da membrana interna cruzando compartimentos hidrófilos e hidrófobos. A maquinaria e a fonte de enerxía que impulsa este proceso non se comprenden aínda totalmente. I LPS consta de antíxeno O, oligosacárido do núcleo e lípido A. O residuo lípido A-núcleo e as unidades repetidas do antíxeno O sintetízanse na cara citoplasmática da membrana interna e expórtanse separadamente por medio de dous sistemas de transporte independentes, concretamente, o transportador do antíxeno O Wzx (RfbX) e o transportador de casete de unión ao ATP (ABC) MsbA que leva o residuo do lípido A-núcleo desde a folla interna á folla externa da bicapa lipídica da membrana interna. As unidades repetidas do antíxeno O son despois polimerizadas no periplasma pola polimerase Wzy e ligadas ao residuo do lípido A-núcleo pola ligase WaaL.
A maquinaria de trransporte do LPS está composta polas proteínas LptA, LptB, LptC, LptD e LptE. Isto está apoiado no feito de que a depleción de calquera destas proteínas bloquea a vía de ensamblaxe do LPS e orixina defectos moi similares na bioxénese da membrana externa. Ademais, a localización de polo menos unha destas cinco proteinas en cada compartimento celular suxire un modelo sobre como se organiza a vía de ensamblaxe do LPS e como se ordena no espazo.
A proteína LptC é necesaria para a translocación do lipopolisacárido (LPS) desde a membrana interna á externa. A LptE forma un complexo coa LptD, que está implicado na ensamblaxe do LPS na folla externa da membrana externa e é esencial para a bioxénese da envoltura.
Notas
Categoría:Familias de proteínas Categoría:Bioloxía das membranas