Medio dólar do centenario de Alabama "½ Dollar Alabama Centennial". Numista.com"Alabama Centennial Half Dollar". United States Mint.150x150px150x150pxA/: Retratos de William Wyatt Bibb e de Thomas E. Kilby. 22 estrelas repartidas a ambos os lados Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / IN GOD WE TRUST / BIBB 1921 KILBY / FALF DOLLARR/: Aguia estilizada, baseada no selo do Estado de Alabama. Lendas: STATE OF ALABAMA / 1819 CENTENNIAL 1919 Datas: 1921. Cecas: Filadelfia (sen marca). Gravador: Laura G. Fraser. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 65.044 exemplares Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.

O medio dólar do Centenario de Alabama é unha moeda de prata dese valor facial emitida en 1921 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia, en conmemoración do centenario da admisión de Alabama na Unión en 1819."1921 Alabama Centennial Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com

A moeda foi deseñada por Laura Gardin Fraser, a primeira muller á que se lle atribuíu o deseño dunha moeda.

O congresista de Alabama Lilius Bratton Rainey introduciu na Cámara de Representantes o proxecto de lei para a creación dunha moeda conmemorativa por petición da Comisión do Centenario do Estado. O proxecto prevía inicialmente a cuñaxe de moedas dun cuarto de dólar, pero logo modificouse en favor das moedas de medio dólar. O 10 de maio de 1920 aprobouse a lei para a emisión da moeda, que foi asinada polo presidente Woodrow Wilson.

O medio dólar do Centenario de Alabama non se emitiu ata outubro de 1921, aparentemente porque a decisión inicial de representar no anverso o presidente Wilson podería inverterse en función dos resultados das eleccións presidenciais de 1920. Logo da vitoria na presidencia do republicano Warren G. Harding, os patrocinadores da emisión optaron por representar na moeda a William Bibb, o primeiro gobernador do Estado de Alabama, e a Thomas Kilby, o seu gobernador no momento do centenario, convertendo así a Kilby na primeira persoa viva que aparecía nunha moeda dos EEUU.

Para impulsar as vendas, incluíuse no deseño dalgunhas moedas o símbolo "2X2", en alusión a Alabama como o vixésimo segundo estado en se incorporar á unión.

Inicio Alabama ingresou na Unión en 1819 e celebrou o seu centenario en 1919. A Comisión do Centenario de Alabama patrocinou celebracións locais no estado en 1919 e en 1920, e estaba empezando a concluír as súas operacións antes de que se iniciase a campaña para cuñar unha moeda conmemorativa do centenario. Os numismáticos Anthony Swiatek e Walter Breen especularon máis tarde con que os membros da comisión oíran falar doutros estados que recibiran ou polo menos solicitaran a concesión dunha moeda conmemorativa e, por orgullo local, querían o mesmo para Alabama.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 2. A moeda tamén axudaría a recadar fondos, e os beneficios destinaríanse a fins "históricos e monumentais".Flynn, K. (2008). Páxina 40. Xa que logo, os membros da Comisión convenceron o congresista local Lilius Bratton Rainey para que impulsase a aprobación dun proxecto de lei que autorizase a cuñaxe dunha moeda.

En 1920, as moedas conmemorativas non eran vendidas polo Goberno, senón que o Congreso, na lei pola que se autorizaba a emisión, adoitaba designar unha entidade á que lle atribuía o dereito exclusivo de comprar a tiraxe completa ao seu valor nominal e vendelas logo ao público cunha prima, para o financiamento de causas que o Congreso consideraba oportunas.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5. Aínda que non se menciona na lei, no caso do medio dólar do Centenario de Alabama, a Comisión do Centenario foi o grupo autorizado para a comercialización.

Proceso lexislativo miniatura|O representante demócrata por Alabama Lilius Bratton Rainey presentou non Congreso o proxecto de lei para a aprobación da moeda. O 28 de febreiro de 1920, Rainey presentou na Cámara de Representantes un proxecto de lei para cuñar unha moeda de medio dólar do Centenario de Alabama. O proxecto foi remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas desa Cámara, presidida polo congresista de Indiana Albert Henry Vestal. A Comisión celebrou o 26 de marzo de 1920 sesións sobre o proxecto de lei do medio dólar de Alabama e tamén sobre a proposta de cuñaxe do medio dólar do Tricentenario dos Peregrinos. O congresista Rainey, no seu proxecto de lei, solicitara a cuñaxe de 100.000 moedas dun cuarto de dólar e, dirixíndose á comisión, declarou que a única crítica á súa proposta na prensa de Alabama fora un artigo que suxería que debería ter pedido o dobre de esa cantidade. A elección do valor facial dun cuarto de dólar sorprendeu o membro da comisión William A. Ashbrook, de Ohio, coleccionista numismático, que preguntou por que Rainey non pedía medios dólares, como fora e estaba a ser habitual noutros estados e Rainey amosouse disposto a considerar tal posibilidade. A Comisión votou a favor de recomendar o proxecto de Rainey, cunha emenda para establecer o valor de medio dólar no canto do cuarto de dólar.USHRCCWM (1920). Páxinas 3-5.

O congresista Vestal escribíralle dous días antes ao secretario do Tesouro, David F. Houston, acerca da moeda do Tricentenario do Peregrino, e Houston respondeu que, aínda que o seu departamento non se opuxera aos proxectos de lei do medio dólar do Centenario de Maine —aprobado previamente polo comité— nin da moeda do Centenario de Alabama, ao Tesouro preocupáballe que a emisión dun gran número de deseños diferentes axudase aos defraudadores.Burdette, R. (2009). "Lifting the veils from the 1933 double eagle". En Coin World. 3 de agosto. Páxinas 1, 104. Vestal emitiu un informe en nome da súa comisión o 27 de marzo de 1920, no que amosaba o apoio ao proxecto de lei de Alabama logo de emendado, e xuntaba a nota do secretario Houston.United States House of Representatives Committee on Coinage, Weights and Measures (1920). Coinage of 25-Cent Piece in Commemoration of Admission of State of Alabama into the Union". 27 de marzo. United States Government Printing Office.

Os tres proxectos de lei sobre cuñaxe de moedas —Centenario de Maine, Centenario de Alabama e Tricentenario do Peregrino— foron considerados nesa orde pola Cámara de Representantes o 21 de abril de 1920. Mentres se consideraba a peza de Maine, Warren Gard, de Ohio, fixo preguntas sobre as disposicións do proxecto de lei, aínda que non se opuxo á súa aprobación. Cando o proxecto de lei de Alabama chegou á Cámara, Vestal cedeulle a Rainey o tempo para que fose este o que comparecese, quen comezou cunha breve explicación do proxecto seguida dun panexírico moito máis longo da historia do seu estado natal, e a súa conclusión arrancou aplausos. Gard interrogou entón a Vestal e soubo que outra moeda, a do Peregrino, era a seguinte na orde do día da Cámara. Gard expresou a súa preocupación polas moedas conmemorativas: "pola miña vida, que non podo ver que vantaxe ten para unha celebración estatal xuntar unha morea de moedas cun cuño en particular; creo que estas propostas se prestan a serias obxeccións, que, por suposto, deben ser expresadas ao secretario do Tesouro". Vestal accedeu a transmitir as preocupacións de Gard ao secretario Houston. O proxecto de lei de Alabama foi aprobado sen discrepancias e foi seguido polo do Peregrino, que se aprobou, novamente, logo das preguntas de Gard."Coinage in Conmemoration of Admission of State of Alabama into the Union". En Congressional Record. Vol. 59. Part 6. 21 de abril de 1920. Páxinas 5.948-5.950.

O día seguinte, o 22 de abril de 1920, a Cámara notificou ao Senado a súa aprobación do proxecto de lei de Alabama,"Message from the House". En Congressional Record. Vol. 59. Part 6. 22 de abril de 1920. Páxina 5.966. que foi remitido ao Comité do Senado sobre Banca e Moeda. O 28 de abril, George P. McLean, de Connecticut, remitiuno coa recomendación de que fora aprobado."Petitions and Memorials". En Congressional Record. Vol. 59. Part 6. 28 de abril de 1920. Páxina 6.202.

O 3 de maio, McLean pediu que os proxectos de lei sobre as tres moedas —Maine, Alabama e Peregrino— fosen considerados polo Senado inmediatamente, no canto de esperar á súa vez, pero o senador de Utah Reed Smoot opúxose, xa que o intento de Smoot de presentar un proxecto de lei comercial antidumping acababa de ser obxectado por Charles S. Thomas, de Colorado. Smoot, porén, declarou que se non se chegaba aos proxectos de lei arredor das 14:00 horas, era probable que non houbese ningunha obxección."The Calendar". En Congressional Record. Vol. 59. Part 6. 3 de maio de 1920. Páxina 6.443. Cando McLean intentou de novo sacar adiante os proxectos de lei sobre moedas, Charles Curtis, de Kansas, preguntou se había algunha urxencia. McLean respondeu que, dado que as tres moedas ían conmemorar aniversarios en curso, era necesario autorizalas e pór en marcha o proceso de produción. Os tres proxectos de lei foron aprobados polo Senado sen oposición,"Commemoration and Anniversary Events". En Congressional Record. Vol. 59. Part 6. 3 de maio de 1920. Páxina 6.454. e o de Alabama foi promulgado como lei coa sinatura do presidente Woodrow Wilson o 10 de maio de 1920."Alabama Centennial Commemorative Coin Legislation". United States Mint.

Preparación miniatura|Laura Gardin Fraser (1889-1966), deseñadora de ambas as faces da moeda. O gobernador de Alabama, Thomas Kilby, encargou a unha comisión de tres membros encabezada por Marie Bankheade Owen para decidir o deseño que debía recomendar o Estado para as moedas. O 1 de xuño de 1920, Owen propúxolle a Kilby que nunha cara se representase o edificio do Capitolio de Alabama e na outra as cabezas acaroadas de James Monroe —presidente no momento da admisión de Alabama en 1819— e de Woodrow Wilson —presidente en 1919—. Kilby enviou a proposta, que incluía esbozos, ao director da Casa da Moeda dos EEUU, Raymond T. Baker, quen pola súa vez a remitiu á Comisión de Belas Artes para que dese a súa opinión. O membro escultor desta Comisión, James Earle Fraser, deseñador da moeda de cinco centavos Buffalo, non estaba de acordo co tema do Capitolio, xa que consideraba que os edificios nunca acababan ben representados nas moedas. Cando esta opinión lle chegou a Owen, a súa comisión reconsiderou o edificio, e o 24 de xuño escribiu a Baker para lle dicir que o substituían por un deseño alternativo baseado no selo de Alabama, centrado na aguia que daquela formaba parte del, e, se non era aceptable, Owen suxeriu o deseño do medio dólar vixente en 1819. Aí quedou o asunto durante todo un ano.Taxay, D. (1967). Páxinas 45-46.