Fouzia Azeem, (en ) nada no distrito de Dera Ghazi Khan, Paquistán, o 1 de marzo de 1990 e finada en Multan o 15 de xullo de 2016 foi unha modelo, actriz, activista feminista e celebridade de Internet paquistaní coñecida como Qandeel Baloch (en ). Baloch saltou á fama debido aos seus vídeos en que discutía a súa rutina diaria e varios temas controvertidos de temática erótica.
Traxectoria Baloch recibiu o primeiro recoñecemento por parte dos medios de comunicación en 2013, cando fixo unha proba para Pakistan Idol; a súa audición fíxose viral e converteuse nunha celebridade de Internet. Foi unha das dez persoas máis buscadas de Internet en Paquistán tanto por admiración como por crítica ao contido dos seus vídeos e mensaxes.
Na tarde do 15 de xullo de 2016, Baloch foi asfixiada mentres durmía na casa dos seus pais en Multan. O seu irmán Waseem confesou o asasinato dicindo que estaba "desacreditando" a "honra da familia".
Vida persoal En 2008, cando tiña 17 anos, Baloch foi casada cun home local chamado Aashiq Hussain, curmán da súa nai, con quen tivo un fillo. O seu marido golpeouna e torturouna acotío (a nai de Baloch, cando preparaba o corpo da súa filla para o funeral, atopou queimaduras de cigarro nos seus brazos). Ao ano de matrimonio, fuxiu a un refuxio de Darul Aman co seu fillo que acabou enfermando. Ao non poder pagar o tratamento da enfermidade, tivo que renunciar á súa custodia e, posteriormente, se divorciou.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Paquistán Categoría:Nados en 1990 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Internet Categoría:Feministas de Paquistán Categoría:Asasinatos en Paquistán