A tempada 1985-1986 da Naisten SM-sarja foi a cuarta tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.
Ao final da tempada o Ilves de Tampere revalidou o título conseguido na tempada precedente.
Estrutura da tempada A competición xogouse por primeira vez na súa historia nun único grupo e só se disputou unha liga regular, co cal o equipo que finalizou primeiro na liga regular proclamouse campión finlandés.
O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.
Equipos participantes NomeCidadeEVU VantaaIlves TampereIlves-Kiekko TampereHIFK HelsinquiHJK HelsinquiSaiPa LappeenrantaSport VaasaÄssät Pori
Liga regular Ao final da liga regular o Ilves de Tampere proclamouse campión logo de gañar os seus 14 partidos e sumar 28 puntos, mentres que a prata foi para o HJK de Helsinqui (21 puntos) e o bronce para o Sport de Vaasa (19 puntos). O Ilves foi ademais o equipo máis goleador (93 goles a favor) e menos goleado (14 goles en contra). Por contra o SaiPa de Lappeenranta foi o equipo que menos goles anotou (17), e o Ilves-Kiekko de Tampere foi o equipo máis goleado (99). O Ilves conseguiu as maiores goleadas da tempada, rexistrando tres partidos con 10 ou máis goles anotados e máis de 10 goles de diferenza.
Ao final da tempada non houbo ningún descenso, xa que o HJK abandonou a competición, permitindo que o Ilves-Kiekko se mantivera unha tempada máis e as Shakers de Kerava ascenderan á máxima categoría.
Clasificación Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1Ilves 14 14 0 0 93 14 +79 282HJK 14 9 3 2 50 21 +29 213Sport 14 9 1 4 65 44 +21 194EVU 14 6 3 5 39 24 +15 155HIFK 14 3 4 7 36 40 -4 106SaiPa 14 2 3 9 17 47 -30 77Ässät 14 3 0 11 28 69 -41 68Ilves-Kiekko 14 2 2 10 28 99 -71 6
Resultados IlvesHJKSportEVUHIFKSaiPaÄssätIlves-K Ilves 4-1 5-1 3-1 6-2 3-0 8-1 13-2 HJK 1-3 4-2 2-2 1-1 5-0 4-0 9-1 Sport 1-5 4-4 3-1 5-3 4-1 6-2 5-6 EVU 0-3 0-1 2-3 2-2 2-0 5-0 7-1 HIFK 2-4 0-2 5-8 0-1 4-0 5-1 1-2 SaiPa 0-7 1-3 0-6 3-3 2-2 1-0 5-3 Ässät 1-14 2-5 5-7 1-3 2-5 3-2 3-0 Ilves-K 1-15 1-8 1-10 2-10 4-4 2-2 2-7
Anotadoras Ao finalizar a liga regular, a xogadora do Sport de Vaasa Sari Krooks foi a máxima puntuadora con 53 puntos (46 goles e 7 asistencias). Krooks foi ademais a máxima goleadora, mentres que Päivi Virta (Ilves) e Eija Sorvari (Sport) foron as máximas asistentes con 14 asistencias cada unha.
Xogadora Equipo PX G A Pts PIM Sari Krooks Sport 14 46 7 53 21 Anne Haanpää Ilves 12 19 6 25 4 Päivi Virta Ilves 14 10 14 24 22 Eija Sorvari Sport 14 9 14 23 16 Marianne Ihalainen Ilves 14 13 9 22 6 Jaana Rautavuoma Ilves 13 14 4 18 14 Liisa Karikoski EVU 14 12 4 16 18 Tarja Kujanpää HJK 13 10 6 16 8 Tiia Reima Ilves-Kiekko 14 11 4 15 4 Nina Saarinen Ilves-Kiekko 13 6 7 13 16
Equipo campión O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1986 estivo integrado polas seguintes xogadoras:
Campión feminino de FinlandiaIlves Porteiras: Kati Ahonen
Patinadoras: Anne Haanpää, Päivi Virta, Marianne Ihalainen, Jaana Rautavuoma, Anne Nurmi, Sari Keisa, Liisa Mäenpää, Minna Nisula, Jaana Peltonen, Leena Pajunen, Minna Katajisto, Leena Majaranta, Satu Huotari, Maarit Virtanen </div>
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Naisten Liiga
1985 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1985 Categoría:Hóckey sobre xeo en 1986