Joseph James "Joe" Dante, Jr., nado en Morristown, Nova Jersey, o 28 de novembro de 1946, é un director e produtor estadounidense de películas con contido humorístico e de ciencia ficción. Entre os seus filmes destacan Piranha (1978) e Ouveos (The Howling, 1981), ambos escritos por John Sayles; Gremlins (1984), o seu primeiro grande éxito, e a secuela Gremlins 2: The New Batch (1990); Innerspace (1987); Amazon Women on the Moon (1987); e Looney Tunes: Back in Action (2003). En 2021 foi homenaxeado polo festival Curtas de Vilagarcía de Arousa e participou nun acto con alumnos do Garaxe Hermético durante a pandemia de Covid-19.

Filmografía

Cine e televisión

Burying the Ex (2014) Hawaii Five-0 (2011) (TV) The Hole 3D (2010) CSI: NY (2007) (TV) The Greatest Show Ever (2007) (TV) Masters of Horror (2005–2006) Trapped Ashes (2004) Looney Tunes: Back in Action (2003) Haunted Lighthouse (2003) Visións nocturnas (2001) (TV) Pequenos soldados (1998) The Warlord: Battle for the Galaxy (1998) (TV) The Second Civil War (1997) (TV) Picture Windows (1994) (TV) Blood and Death: Hammer's Legacy of Terror (1994) (TV) Rebel Highway : Runaway Daughters (1994) (TV) Matinée (1993) Eerie, Indiana (1991–1992) (TV) Gremlins 2: The New Batch (1990) The 'Burbs (1989) Amazon Women on the Moon (con John Landis, Carl Gottlieb, Peter Horton e Robert K. Weiss ) (1987) Innerspace (1987) (Amazing Stories) Historias sorprendentes (1986) (TV) The New Twilight Zone (1985) (TV) Explorers (1985) Gremlins (1984) Twilight Zone: The Movie (con Steven Spielberg, George Miller e John Landis ) (1983) Police Squad! (1982) (TV) Ouveos (The Howling), 1981) Piranha (1978) Hollywood Boulevard (con Allan Arkush ) (1976) The Movie Orgy (1968)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Nados en 1946 Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América