Fernando Dacosta Pérez, coñecido como Fernando Dacosta, nado en Ourense o 23 de outubro de 1969, é un actor, director, dramaturgo e profesor galego.
Membro de Sarabela Teatro desde 1986.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC, doutor en Linguas Modernas e Literatura comparada pola UEX e investigación de doutoramento en Literatura e Teoría da Literatura pola UNED. Profesor asociado no Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo no Campus de Ourense desde 2019.
Director da Aula de Teatro Universitaria de Ourense desde 1994, da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense MITEU desde 1996 e da Mostra de Teatro Infantil de Ourense MOTI desde 2004.
Autor de múltiples artigos e palestras sobre teatro galego.
Recibiu formación de Albert Boadella, Sergi Belbel, Vicente Fuentes, Ángel facio, Ernesto Caballero, Martín Adjemián ou Isabel Úbeda.
Obra escrita
Empatías (2025). Laiovento. 116 páxs. ISBN 978-84-848-741-7. 12 pezas narrativas e poéticas.
Teatro
Con Sarabela
1986: O triciclo, de Fernando Arrabal. Dirección Ánxeles Cuña. 1987: O sangue do tempo, de A. García Pintado. Dirección Ánxeles Cuña. 1989: Xacobe ou a sumisión, de E. Ionesco. Dirección Ánxeles Cuña. 1990: Supertot, de Benet i Jornet. Dirección Ánxeles Cuña. 1990: Madame de Sade, de U. Mishima. Dirección Ánxeles Cuña. 1992: As sillas, de E. Ionesco. Dirección Ánxeles Cuña. 1993: Xacobe e o seu amo, de M. Kundera. Dirección Ánxeles Cuña. 1994: Cama (2 x 2 para 2), de S. Belbel. Dirección Ánxeles Cuña. 1995: Os trasnos da noite, de Fernando Dacosta. Dirección Ánxeles Cuña. 1996: A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro). Dirección Ánxeles Cuña. 1997: Afección, de Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro e Fernando Dacosta. Dirección Ánxeles Cuña. 1998: Tics, de Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro e Fernando Dacosta. Dirección Ánxeles Cuña. 1999: Os soños de Caín, de Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Carlos Couceiro e Fernando Dacosta. Dirección Ánxeles Cuña. 2000: O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (dramaturxia Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Fina Calleja). Dirección Ánxeles Cuña. 2001: A illa amarela, de Paloma Pedrero. Dirección Ánxeles Cuña. 2001: Romance de Micomicón e Adhelala, de E. Blanco Amor. Dirección Ánxeles Cuña. 2001: Sexismunda, de P. Calderón de La Barca (dramaturxia de Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Fina Calleja). Dirección Ánxeles Cuña. 2002: A conxura dos necios, de John Kennedy Toole (dramaturxia de Ánxeles Cuña). Dirección Ánxeles Cuña. 2003: Así que pasen 5 anos, de Federico García Lorca. Dirección Ánxeles Cuña. 2004: A gata con botas, de Ánxeles Cuña, baseada na obra de Perrault. Dirección Ánxeles Cuña. 2004: Rolda de caricias, de Sergi Belbel. Dirección Ánxeles Cuña. 2005: O Heroe, de Manuel Rivas. Dirección Ánxeles Cuña. 2006: Macbeth, de William Shakespeare. Dirección de Helena Pimenta. 2007: Cristovo e o libro das marabillas, de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja. 2007: Margar no pazo do tempo, de Ánxeles Cuña. Dirección Ánxeles Cuña. 2008: Cósima, de Chris Baldwin. Dirección Ánxeles Cuña. 2008: Dáme veleno, eu tamén soñar, de Ánxeles Cuña. Dirección Ánxeles Cuña. 2009: A esmorga, de E. Blanco Amor (dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro). Dirección Ánxeles Cuña. 2010: O Incerto Señor Don Hamlet, de A. Cunqueiro. Dirección Ánxeles Cuña. 2010: Konrad, de Christine Nöstlinger. Dirección Ánxeles Cuña. 2011: O asombro da auga, de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja. 2011: Tango, de S. Mrozek. Dirección Ánxeles Cuña. 2012: A voar, de David Almond. Dramaturxia de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja. 2012: A viaxe a ningunha parte, de Fernando Fernán Gómez (dramaturxia de Ánxeles Cuña). Dirección Ánxeles Cuña. 2013: A idade da pavía, de Arístides Vargas. Dirección Ánxeles Cuña. 2013: Os cantares das musas, dramaturxia de Ánxeles Cuña a partir de textos de Rosalía de Castro. Dirección Ánxeles Cuña. 2014: O último dragón. Dramaturxia de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja. 2014: Pequenas certezas, de Bárbara Colio. Dirección Ánxeles Cuña. 2015: Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago (dramaturxia de Ánxeles Cuña). Dirección Ánxeles Cuña. 2016: O secuestro da bibliotecaria, de Margaret Mahy. Dirección e dramaturxia de Fina Calleja. 2016: Normas para saber vivir na sociedade actual, de Jean-Luc Lagarce (dramaturxia de Ánxeles cuña). Dirección Ánxeles Cuña. 2017: O rei morre, de E. Ionesco (dramaturxia de Ana Valles). Dirección de Ana Vallés. 2018: Proxecto Noee, de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja. 2018: Celebración, A Gran Noite, de Fernando Dacosta. Dirección de Dani Salgado 2019: Crónicas do paraíso. Creación e dirección de Gonçalo Guerreiro con textos de Fernando Dacosta a partir de A. Cunqueiro, Mrozek e María Torres 2020: A lingua das bolboretas, de Manuel Rivas. Dramaturxia e dirección de Gonçalo Guerreiro con textos de Fernando Dacosta a partir de M. Rivas. 2021: Semente de Nós. Dramaturxia e dirección de Ánxeles Cuña. 2021: Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño. Dramaturxia e dirección de Ánxeles Cuña. 2022: Arraianos, de X.L. Méndez Ferrín. Dramaturxia de Ánxeles Cuña e Fernando Dacosta. Dirección Ánxeles Cuña. 2022: Asemblea xeral, de Lauro Olmo. Dramaturxia de Fina Calleja e Fernando Dacosta. Dirección Fina Calleja. 2023: Made in Galiza, de Séchu Sende, dirixida por Fina Calleja, coa dramaturxia de Fernando Dacosta e interpretada polo propio Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto.
Con Miguel e Iván Caride Produción
2016: O rebelde, de Miguel e Iván Caride. Textos de Padraig Pearse. (Dirección teatral Elena Seijo).
Co Centro Dramático Galego
1991: O Incerto Señor Don Hamlet, de A. Cunqueiro (Dirección Ricard Salvat). 1992: A lagarada, de R. Otero Pedrayo (Dirección Père Planella). 1993: Historia do soldado, de Ramuz e Stravinsky (Dirección Manuel Guede). 1993: Leoncio e Helena, de G. .(Dirección Ánxeles Cuña). 1999: Se o vello Sinbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro (dramaturxia de Quico Cadaval) (Dirección F. Mangolini). 2004: O ano do cometa, de Álvaro Cunqueiro (Dramaturxia e dirección Quico Cadaval).
Audiovisual: cinema, televisión
1989: Os outros feirantes (1 cap.). Dirección Xosé Cermeño. Galaxia. TVG. 1993: A metade da vida. Dirección Raul Veiga. Fenda Films. Cinema 1994: Compuesta y sin novio (1 cap.) Dirección Pedro Masó. Pedro Masó. A3. 1995-98: Pratos Combinados (49 cap.) Dirección Carlos Serrano. Ed. Compostela. TVG. 1997: A Familia Pita (1 cap.) Dirección Mateo Meléndrez. Continental. TVG. 1997: Con perdón (3 prog.) Dirección Manolo Bello. Vídeo Voz. TVG. 1999-2000: Xabarín Natural: (2 prog.) Dirección Suso Iglesias. TVG. 2002: Spot publicitario para a TVG: Somos actores. TVG. 2002: Pequeno Hotel (1 cap.) Dirección Giselle Janio. CTV. TVG. 2004: Rías Baixas (1 cap.) Dirección Xerardo Rodríguez. Zenit. TVG. 2005: Spot publicitario para TVG: Campaña a prol do audiovisual e o teatro galego. TVG. 2005: As leis de Celavella (1 cap.) Dirección Jorge Coira e Carlos Sedes. Vídeo Voz. TVG. 2006: Quart (1 cap.) Dirección Joaquín Llamas. Endemol (Zeppelin TV). A3. 2006: Cuéntame como pasó (1 cap.) Dirección Agustín Crespí. Ganga Producciones. TVE. 2007: Hospital Central (1 cap.) Dirección J.L. García Berlanga. Videomedia. Tele5. 2007- Pradolongo. Dirección Ignacio Vilar. Vía Láctea Filmes. Cinema. 2013: P.I.B. (3 cap.) Dirección Mighele de Currás. Os Ghairas. Serie web 2013: Chapa e pintura (13 cap.) Dirección Jorge Saavedra Mancebo. Voz Audiovisual. TVG. 2014: Serramoura (3 cap.) Dirección Miguel Conde e Manuel Espiñeira. Voz Audiovisual. TVG. 2014: E agora que? criaturiñas en apuros (1 prog.) Dirección Jorge Saavedra Mancebo. Areca films. TVG. 2016: Vidago Palace (3 cap.) Dirección Henrique Oliveira e Jorge Coira. Portocabo / Hop!. TVG e TP. 2016: El Final del Camino (4 cap.) Dirección Miguel Conde, Óscar Pedraza e Miguel Alcantud. Voz Audiovisual. TVE. 2016: Os fillos do sol. Dirección Kiko Ruíz. Portocabo / Diagonal TV. TV movie. TVG e TV3. 2016: O rebelde. Dirección Óscar Doviso. Zinemusik / Miguel Caride. Curtametraxe 2018: Audiovisual para MEGA (Museo de Estrella Galicia). Imandra Project 2019: A estiba (11 cap.) Dirección Miguel Conde. Voz Audiovisual. TVG. 2020: El desorden que dejas (1 cap.) Dirección Roger Guai. Netflix 2021: Mitra. Dirección Anita Pico. Fas Muvi. Festival de Cine de Ourense OUFF. 2021: Auga seca (2 cap.) Dirección Toño López. Portocabo / SP Televisão. TVG. HBO Max 2021: Audiovisual para o museo de Pescanova. Imanda Projec.
Dirección
Aula de Teatro Universitaria de Ourense “Maricastaña”
1995: Ubú Rei, de A. Jarry. 1996: Terror e miseria da nación poderosa, de B. Brecht. 1997: Hamlet, de W. Shakespeare. 1998: No tempo do crepúsculo, versión de "Crimes exemplares" de Max Aub. 1999: O país das últimas cousas, versión da novela de P. Auster. 2000: Conto de inverno, de William Shakespeare. 2001: Vodas de sangue, de F. García Lorca. 2002: Fahrenheit 451, versión da novela de Ray Bradbury. 2003: O despertar, de Fernando Dacosta. Baseada en “Despertar de Primavera”. 2003: Perfusión, de Fernando Dacosta. 2004: Totem, versión de “Señor das moscas” de W. Golding. 2005: Frankenstein, versión da novela de Mary W. Shelley. 2006: Rampante, dramaturxia de "O Barón rampante" de Italo Calvino. 2007: Unicornio, de Fernando Dacosta 2008: 84, dramaturxia de "1984" de George Orwell. 2008: A Equipaxe, a partir de "El equipaje del rey José" de Galdós. 2009: Hide, dramaturxia de Dr. Jekyll e Mr. Hyde, de R. L. Stevenson 2010: Odisea Espacial, dramaturxia das novelas "2001, Unha Odisea espacial" e "2010, Odisea 2" de A. C. Clarke. 2011: Leve, a nada entre as mans, dramaturxia de SEDA de Alessandro Baricco. 2011: Schengen, de Fernando Dacosta. Acción teatral. 2012: Un novo mundo feliz, dramaturxia da novela de A. Huxley. 2013: Suicidio colectivo con encanto, a partir da novela de A. Paasilinna. 2013: Non teño nada, mais teño a miña vida. Acción teatral de intercambio co FATAL (Festival da Académica de Lisboa). 2014: Café Liberdade, de Fernando Dacosta. 2015: III, dramaturxia a partir de Ricardo III de William Shakespeare. 2015: Arca, de Fernando Dacosta. Acción teatral para as festas de Ourense. 2016: Demediado, dramaturxia a partir de O Vizconde demediado de Italo Calvino. 2017: A última cornixa do mundo, dramaturxia a partir de "Océano mar" de Alessandro Baricco. 2018: As ondas das pedras no río, dramaturxia a partir "O deus das pequenas cousas" de Arundathi Roy. 2019: Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse, dramaturxia a partir da saga Malaussène de Daniel Pennac. 2020: Imperator, dramaturxia a partir de "A resistible ascensión de Artur Ui". 2021: Aínda que siga brillando a lúa, dramaturxia a partir de "Crónicas marcianas" de Ray Bradbury. 2022: O parke do crepúskulo, dramaturxia a partir de "Sunset Park" de Paul Auster.
Trécola Teatro
2006: Encerradas, versión de A casa de Bernarda Alba, de García Lorca. 2010: A verdadeira historia do corazón reloxo, dramaturxia de María Díaz a partir da novela de M. Malzieu "A mecánica do corazón".
Grupo De Teatro Eis da Facultade de Filoloxía da USC
1989: Exercicios de estilo, de R. Queneau. 1990: A mente de un mundo, de Fernando Dacosta. 1991: A resistible Trascensión de Artur Ui, de B. Brecht. 1992: O réxime informa, de Fernando Dacosta. 1993: Caricias, de S. Belbel. 1994: O exemplo da Señora Pot, versión de Mockinpot de P. Weiss. 1995: A cociña, de A. Wesker.
Colexio Maior Fonseca De Compostela
1991: Viva el duque nuestro dueño, de Alonso de Santos. 1992: El Relevo, de G. Celaya.
Aula de teatro da 3ª idade “Aturuxo”.
1994: A zapateira prodixiosa, de García Lorca. 1995: A Costa de Baialdo, de Martín de Abeleda
Talía Teatro
1997: Retén, de Ernesto Caballero.
Sarabela
1999: Tres pontes, tres tempos, de Begoña Muñoz.