miniatura|Bagas maduras de S. nigrum A herba moura - Ver herba moura (Solanum nigrum) (Solanum nigrum) é unha especie de planta anxiosperma do xénero Solanum, nativa de Eurasia e introducida en América, Australasia e África do Sur. As bagas maduras e follas cocidas das variedades comestibles utilízanse como alimento nalgúns lugares, e certas partes da planta utilízanse na medicina tradicional. A taxonomía da especie é complicada e ás veces úsase o seu nome para outras especies relacionadas.

A especie foi mencionada por Plinio o Vello no século I d.C. e por Dioscórides e outros herboristas. En 1753, Carl Linnaeus describiu seis variedades de Solanum nigrum na súa obra Species Plantarum.

Descrición miniatura|225px|Flores de herba moura A herba moura é unha planta herbácea común ou arbustiva de folla perenne e curta vida que se atopa en moitas zonas boscosas, así como en hábitats alterados. Chega a ter unha altura de 30 a 120 cm, follas de 4,0 a 7,5 cm de longo e 2 a 5 cm de ancho; ovadas ou acorazonadas, con beiras onduladas ou dentadas ; ambas as superficies poden ser peludas ou non peludas; o pecíolo é de 1 a 3 cm de longo cunha porción superior alada. As flores teñen pétalos de verdosos a abrancazados, recurvados cando son vellos e rodeados de prominentes anteras amarelas. O froito é unha baga de 6 a 8 mm de diámetro, negra ou negro-purpúrea. Na India vive unha variedade ou cepa con bagas vermellas cando están maduras.

Ás veces confúndese S. nigrum coa planta máis tóxica Atropa belladonna (beladona), que é dun xénero diferente, aínda que tamén unha solanácea. Unha comparación dos froitos mostra que as bagas de beladona crecen en grupos, mentres que as de herba moura crecen individualmente. Ademais a beladona ten flores de pétalos púrpuras e a herba moura brancos.

Hábito de crecemento

O pH do solo máis axeitado para esta planta é entre 5,5 e 6,5. En solos ricos en materia orgánica, auga e fertilidade o crecemento da planta é vigoroso; cando falta materia orgánica e é arxiloso con pobre ventilación, as raíces da planta quedan atrofiadas e o seu crecemento é feble. O crecemento é difícil en condicións de altas temperaturas e alta humidade, nas que a planta crece lentamente, os talos tenros fanse fibrosos e o produto obtido malo.

Taxonomía

Solanum nigrum é unha especie moi variable con moitas variedades e formas descritas.Solanum nigrum Factsheet, South Australian Government As subespecies recoñecidas son:

1. S. nigrum L. subsp. nigrum — de glabra a lixeiramente peluda con pelos non glandulares. 2. S. nigrum L. subsp. schultesii (Opiz) Wessley — densamente peluda con pelos glandulares ben patentes.

O complexo Solanum nigrum   é un complexo de especies, tamén chamado Solanum L. sección Solanum , que comprende varias especies de herba moura caracterizadas pola súa falta de espiñas e pelos estrelados, as súas flores brancas e os seus froitos verdes e negros con disposición umbeliforme. As especies de Solanum deste grupo poden confundirse taxonomicamente, e aínda máis ao formarse formas intermedias e hibridacións entre especies. Algunhas das principais especies dentro do complexo S. nigrum son: S. nigrum, S. americanum, S. douglasii, S. opacum, S. ptychanthum, S. retroflexum, S. sarrachoides, S. scabrum e S. villosum.

Toxicidade miniatura|esquerda|Follas, flores e froitos de S. nigrum Comprobáronse os niveis de solanina en S. nigrum e a planta raramente é mortal.

Os síntomas de envelenamento por solanina poden aparecer cando se inxiren crus os froitos verdes inmaturos (parecidos a chícharos verdes) ou as follas maduras. Tardan en aparecer unhas 6 a 12 horas despois do seu consumo. Os síntomas iniciais de toxicidade inclúen a febre, suoración, vómitos, dor abdominal, diarrea, confusión e somnolencia. A morte por comer grandes cantidades desta planta orixínase por arritmia cardíaca e insuficiencia respiratoria. O gando tamén se pode intoxicar por toxicidade por nitratos por pastar as follas maduras e bagas verdes desta planta. Porén, no centro de España, a avetarda (Otis tarda) pode actuar como dispersadora de sementes da herba moura. É unha planta moi variable e advírtese que se evite comer as bagas a non ser que se saiba que é unha cepa comestible. Os niveis de toxina poden tamén ser afectados polas condicións de crecemento da planta. As toxinas de S. nigrum están máis concentradas nas bagas inmaturas, polo que estes froitos deberían tratarse como tóxicos. Na maior parte dos casos en que se sospeite envelenamento débense ao consumo de follas ou froitos inmaturos. Hai informes etnobotánicos nos que as follas novas e talos de S. nigrum son cocidos en auga e a auga de cocción tírase e cámbiase varias veces para eliminar as toxinas. A solanina non é hidrosoluble e destrúese coa cocción. As follas de S. nigrum poden ser diferentes desde esta perspectiva. As follas novas cocidas do complexo Solanum sp. son unha fonte de moitos nutrientes útiles a niveis similares aos da espinaca. As bagas do complexo Solanum foron comidas nos cinco continentes desde tempos antigos.

Usos miniatura|225px|Bagas maduras da vriedade "Red Makoi" de S. nigrum, que son comestibles. Algúns usos adscritos a S. nigrum na literatura poden en realidade aplicarse a outras especies do seu complexo de especies e é esencial unha axeitada identificación da especie para usos culinarios ou medicinais (Ver sección Taxonomía).

Uso culinario miniatura|esquerda|Bagas madura e inmaturas de S nigrum no mesmo talo. O consumo culinario de S. nigrum rexístrase na China, Kenya, Tanzania, India, Etiopía, Ghana,Suráfrica, Grecia (incluída a illa de Creta) e Turquía, Indonesia, e antes era comida en Hawai. Foi importada a Australia desde a illa de Mauricio na década de 1850 durante a febre do ouro australiana, mais agora o seu comercio está prohibido. Thrum, Manoa Valley, Hawaiian Annual 1892.

Uso medicinal Esta planta ten unha longa historia de uso medicinal desde a antiga Grecia. O seu uso interno perdeu o favor da herboristería occidental debido á variable química e toxicidade da planta, pero úsase topicamente para o tratamento do herpes zóster. Tamén o usan os nativos hawaianos, na India e na medicina tradicional oriental

Algúns experimentos indican que a solanina da planta inhibe o crecemento do carcinoma cervical en ratos. O seu mecanismo antitumoral débese principalmente á indución de diferentes células e vías moleculares que conducen á apoptose e autofaxia e inhiben a metástase. Reduce a xeración de especies reactivas do oxíxeno nunha liña celular humana.

Solanum nigrum contén solasodina (un glicoalcaloide esteroide que se pode usar para obter 16-DPA), que se pode obter cultivando pelos da raíz da planta.

Tamén pode ser un tratamento para a úlcera gástrica en ratos.

A saponina Uttroside B identificouse como axente quimoterapéutico bioactivo conta o carcinoma hepatocelular, obtida do extracto metanólico de S. nigrum.

Cultivo

A herba moura cultívase como alimento en varios continentes, como África e Norteamérica. As follas das cepas cultivadas cómense despois de cocidas. Unha forma de xardín con froitos duns 1,27 cm de diámetro cultívase ocasionalmente.

Mala herba A herba moura pode chegar a ser unha grave mala herba para a agricultura cando compite coas colleitas. Hai informes dela como mala herba en 61 países e con 37 tipos de colleitas. Utilízanse extensamente herbicidas para controlala en colleitas como o algodón.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

perfil de Solanum nigrum, IPCS INCHEM https://web.archive.org/web/20141113185306/http://foragersharvest.com/black-nightshade-2/ http://www.dpi.nsw.gov.au/__data/assets/pdf_file/0008/112796/garden-plants-poisonous-to-people.pdf http://www.herbiguide.com.au/Descriptions/hg_Blackberry_Nightshade.htm

Categoría:Solanaceae Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné