O Gran Premio de Mónaco de 2023 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2023) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 28 de maio de 2023 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, un circuíto urbano que atravesa o Principado de Mónaco. Foi a sétima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023, a 80ª vez que se celebrou o Gran Premio de Mónaco.

Antecedentes O evento celebrarase durante a fin de semana do 26 ao 28 de maio de 2023. Foi a sexta proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023. O Gran Premio da Emilia-Romaña previamente programado cancelouse debido ás inundacións na rexión.

O MCL60 de McLaren correrá cunha decoración especial para celebrar o 60º aniversario do logro de McLaren da Tripla coroa do automobilismo, sendo McLaren o único equipo de automobilismo que a acadou ata 2023. Esta librea tamén correrá na próxima carreira en España. O coche pintouse en tres segmentos para conmemorar a primeira vitoria de McLaren en cada unha das carreiras. A parte traseira do coche de cor papaia en referencia ao McLaren M16C/D co que Johnny Rutherford gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1974, no medio a cor branca en homenaxe ao McLaren MP4/2 que conducía Alain Prost cando gañou o Gran Premio de Mónaco de 1984, e a parte dianteira de cor negra en recoñecemento ao McLaren F1 GTR co que JJ Lehto, Yannick Dalmas e Masanori Sekiya conseguiron a vitoria nas 24 Horas de Le Mans de 1995. Mentres que a librea que McLaren presentou para as 500 Millas de Indianápolis de 2023 utiliza os mesmos aspectos de deseño en tres coches diferentes, a librea utilizada no MCL60 combina os tres deseños separados nun só.

Clasificación do campionato antes da carreira De cara á fin de semana, Max Verstappen lidera o Campionato do Mundo de Pilotos con 119 puntos, 14 puntos por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez Mendoza en segundo lugar e 44 por diante de Fernando Alonso en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 224 puntos, lidera o Campionato de Construtores por diante de Aston Martin e Mercedes, que son segundo e terceiro con 102 e 96 puntos, respectivamente.

Pneus dispoñibles

O provedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os utilicen no evento.

+ Pneus dispoñibles para Mónaco Pneus para pista seca Pneus para chuviaalt=Représentation des pneus durs|center|55x55px Duros(Tipo C3)alt=Représentation des pneus medium|center|sans_cadre|55x55px Medios(Tipo C4)alt=Représentation des pneus tendres|center|55x55px Brandos(Tipo C5)55px|alt=Représentation des pneus intermédiairesIntermedios55px|alt=Représentation des pneus pluieChuvia

Clasificación A clasificación celebrouse o 27 de maio de 2023 ás 16:00 hora local (UTC+2).

Informe de cualificación Max Verstappen estableceu o tempo máis rápido nas tres sesións. Durante a primeira quenda, o tempo de Carlos Sainzr na súa primeira volta eliminouse debido a que superaba os límites da pista. Sergio Pérez saíuse na curva inicial de St. Devote, marcando con bandeira vermella a quenda e danando o seu coche. Debido a isto, comezará na última posición. Non é a primeira vez que Pérez se estrela na clasificación, fixérao durante a carreira de Mónaco o ano anterior, así como en Melbourne a principios da tempada. O seu compañeiro de equipo Verstappen golpeou o muro tras o reinicio, pero non rexistrou danos. Ao final da primeira quenda, Logan Sargeant, o dúo Haas de Kevin Magnussen e Nico Hülkenberg, Guanyu Zhou e Pérez quedaron eliminados.

Durante a segunda quenda, Lando Norris golpeou o muro da chicana Tabac, causando danos leves ao seu coche. Con todo, pasou a terceira quenda, o seu compañeiro de equipo Oscar Piastri non o faría. Xuntáronse a el Nyck de Vries, Alexander Albon, Lance Stroll e Valtteri Bottas.

Durante a terceira e última quenda, Norris sairía máis tarde despois de reparar rapidamente o seu coche, aínda que non puido vencer a Yuki Tsunoda ata a liña. A quenda resultou ser a máis apertada da fin de semana xa que Verstappen fixo a volta rápida durante os últimos minutos da sesión. Xusto antes de que rematase a sesión e antes de que Verstappen marcase a súa pole, Fernando Alonso (en segundo lugar), Esteban Ocon (en cuarta) e Charles Leclerc (en terceira cunha breve investigación por estorbar a Norris) todos marcaron volta rápida. Leclerc mostrouse insatisfeito co resultado, dicindo que "loitou moito co coche", mentres que Verstappen dixo que "na cualificación hai que dar todo e arriscar todo". Mentres tanto, Lewis Hamilton, Pierre Gasly e George Russell ocuparon a sexta, sétima e oitava posición respectivamente.

Leclerc caeu ao sexto lugar despois de que os comisarios investigasen a súa obstaculización a Norris na Q3.

Cualificación clasificatoria Pos.NºPilotoConstrutorTempos cualificaciónGrellaQ1Q2Q31 1 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT1:12.3861:11.9081:11.36512 14 Fernando Alonso1:12.8861:12.1071:11.44923 16 Charles LeclercFerrari1:12.9121:12.1031:11.4716Charles Leclerc recibiu unha penalización de tres postos na grella por obstruir a Lando Norris na Q3.4 31 Esteban OconAlpine-Renault1:12.9671:12.2481:11.55335 55 Carlos SainzFerrari1:12.7171:12.2101:11.63046 44 Lewis HamiltonMercedes1:12.8721:12.1561:11.72557 10 Pierre GaslyAlpine-Renault1:13.0331:12.1691:11.93378 63 George RussellMercedes1:12.7691:12.1511:11.96489 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda RBPT1:12.6421:12.2491:12.082910 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes1:12.8771:12.3771:12.2541011 81 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes1:13.0061:12.395 1112 21 Nyck de VriesAlphaTauri-Honda RBPT1:13.0541:12.428 1213 23 Alexander AlbonWilliams-Mercedes1:12.7061:12.527 1314 18 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes1:12.7221:12.623 1415 77 Valtteri BottasAlfa Romeo-Ferrari1:13.0381:12.625 1516 2 Logan SargeantWilliams-Mercedes1:13.113 1617 20Haas-Ferrari1:13.270 1718 27Haas-Ferrari1:13.279 1819 24 Guanyu ZhouAlfa Romeo-Ferrari1:13.523 1920 11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT1:13.85020107% tempo: 1:17.453Fonte:

Carreira A carreira celebrouse o 28 de maio de 2023, ás 15:00 hora local (UTC+2).

Informe da carreira Despois da volta de formación, George Russell errou na posición da grella de saída, non foi penalizado. Cando a comezou a carreira, Nico Hülkenberg tocouse con Logan Sargeant, o que provocoulle ao piloto de Haas unha penalización de cinco segundos. Sergio Pérez fixo unha parada cedo para cambiar aos pneumáticos duros. Na volta 14, Carlos Sainz saltouse a chicana Nouvelle, colidindo co seu alerón dianteiro coa traseira dereita de Esteban Ocon. Sainz decidiu continuar. Valtteri Bottas pasou a Alexander Albon, e este último montou un novo xogo de pneumáticos duros. Seguiríalle o seu compañeiro Sargeant, primeiro en duros e de novo en brandos. Na volta 30, Lewis Hamilton puxo novos duros e saíu detrás de Russell.

Na volta 20, os enxeñeiros de Ferrari dixéronlle a Sainz que entrase en boxes para adiantar a Ocon, aínda que abortaron a orde. A orde repetiuse seis voltas máis tarde, e Ferrari volveu dicirlle que abortara de novo. Sainz finalmente entrou na volta 33 para montar medios novos, reincorporándose sétimo e detrás de Ocon. Sainz mostrouse frustrado coa estratexia, criticándoa pola radio do equipo. Axiña, Pérez entrou a montar medios novos e un novo alerón dianteiro, saíndo en último lugar. Lance Stroll informou de danos durante a volta 38, tras contactar con Kevin Magnussen. Charles Leclerc pasou a montar medios novos, caendo ata o oitavo posto, Pierre Gasly non puido superar a Leclerc con novos medios. Lando Norris entrou a montar duros, perdendo unha posición.

Durante a carreira informouse dunha ameaza de choiva, Russell informou de chuvia na curva 3. Os dous primeiros pilotos que cambiaron a intermedios foron Stroll e Bottas, logo seguiron Guanyu Zhou e Albon. Mentres todos os demais apostaban por pneumáticos intermedios, Fernando Alonso decidiu usar pneumáticos medios pero tivo qu volver a entrar en boxes para cambiar a intermedios na volta seguinte, e Ferrari decidiu facer un dobre cambio. Sainz trompeou dúas veces, aínda que non alcanzou as barreiras a gran velocidade. Non obstante, Stroll sufriu danos no seu coche despois de que o seu alerón dianteiro quedase debaixo das súas rodas dianteiras. Max Verstappen rozou o muro de Portier cando montaba medios, pero salvou o coche da súa retirada. Magnussen montou pneumáticos de chuvia extrema, xa que tivo dificultades cando comezou a chover, Pérez utilizaría este composto máis adiante. Con todo, Magnussen estrelouse con danos no seu alerón dianteiro. Os seus mecánicos, non preparados para tal cambio, tiveron que preparalo no acto, alongando o seu tempo en boxes. Mentres tanto, Sargeant golpeou o muro na horquilla, aínda que recuperou o coche. Magnussen sairíase na curva un, e Stroll tomou unha vía de escape na curva cinco, Russell seguiu a Stroll na vía de escape, só para ser alcanzado por Pérez, sen consecuencias. Mentres tanto, Hülkenberg recibiu unha penalización de 10 segundos por cumprir unha sanción de forma incorrecta, a Gasly mostróuselle unha bandeira branca e negra por exceder os límites da pista, Pérez cambiou a intermedios e Yuki Tsunoda informou de problemas cos seus freos.

A orde de marcha dos tres primeiros non cambiou durante toda a carreira. A vitoria de Verstappen marca a súa segunda vitoria no Gran Premio de Mónaco. Alonso quedou segundo, o seu antigo compañeiro de equipo Ocon quedou terceiro e foi galardoado como piloto da xornada, a primeira vez que un piloto francés subiu ao podio en Mónaco desde Olivier Panis no 1996, e o seu primeiro podio dende o Gran Premio de Hungría de 2021 (tamén a súa primeira vitoria). Hamilton acadou a volta rápida. Russell recibiu unha penalización tras unha reincorporación insegura, aínda que a súa posición final non se viu afectada.

Clasificación da carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 1 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT78 1:48:51.9801252 14 Fernando Alonso78 +27.9212183 31 Esteban OconAlpine-Renault78 +36.9903154 44 Lewis HamiltonMercedes78 +39.062513Inclúe un punto para a volta rápida.5 63 George RussellMercedes78 +56.284George Russell recibiu unha penalización de cinco segundos por reincorporarse á pista sen seguridade. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.8106 16 Charles LeclercFerrari78 +1:01.890687 10 Pierre GaslyAlpine-Renault78 +1:02.362768 55 Carlos SainzFerrari78 +1:03.391449 4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes77 +1 volta10210 81 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes77 +1 volta11111 77 Valtteri BottasAlfa Romeo-Ferrari77 +1 volta1512 21 Nyck de VriesAlphaTauri-Honda RBPT77 +1 volta12 13 24 Guanyu Zhou77 +1 volta19 14 23 Alexander AlbonWilliams-Mercedes77 +1 volta1315 22 Yuki TsunodaAlphaTauri-Honda RBPT76 +2 laps916 11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT76 +2 voltas20 17 27Haas-Ferrari76 +2 voltasNico Hülkenberg terminou 16º, pero recibiu unha penalización de dez segundos por non cumprir unha penalización durante unha parada en boxes.18 18 2 Logan SargeantWilliams-Mercedes76 +2 voltasLogan Sargeant recibiu unha penalización de cinco segundos por exceso de velocidade no carril de boxes. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.1619Kevin Magnussen clasificouse xa que completou máis do 90 % da distancia da carreira. 20Haas-Ferrari70Danos por accidente17 Ret 18 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes53Danos por accidente14volta rápida: Lewis Hamilton (Mercedes) – 1:15.650 (volta 33)Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos10px1 Max Verstappen14410px2 Sergio Pérez10510px3 Fernando Alonso9310px4 Lewis Hamilton6910px 15 George Russell50Fonte:

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos10px1 Red Bull Racing-Honda RBPT24910px212010px3 Mercedes11910px4 Ferrari9010px 15 Alpine-Renault35Fonte:

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Referencias