Leixaprén foi unha formación musical arousá, con influencias da música celta, new age e música de raigame tradicional galega. O nome do grupo está tomado da figura literaria leixaprén da literatura galego-portuguesa medieval.
Historia Leixaprén estivo activo desde finais dos anos 80 até 1996, e en 2010 reuníronse para conmemorar o 30 aniversario da Asociación Cultural Dorna, primeiros promotores da revista Dorna, da Illa de Arousa.
Membros Leixaprén estivo formado por seis membros de Vilagarcía, Vilanova e a Illa de Arousa, que tamén actuaban como banda de gaitas tradicional. Eran Edelmiro Touris Miro (percusión, guitarra, baixo e mandolina), César Longa (arpa, acordeón e teclados), Xosé Ameneiro (gaita e frautas), e os irmáns Dopico: Manuel (gaita e instrumentos de corda) e Pepe Dopico (voz, percusión, frautas, gaitas, clarinete etc.), recoñecido musicólogo, profesor e escritor reintegracionista que pasou a escribir os seus apelidos regaleguizados como "do Pico Orjais". Juan Guillán Barcala (voz, gaita e percusión), tamén membro do grupo, foi o autor da peza "Pasodoble de Leixaprén" (ás veces escrito "Pasodoble de Leizaprén") tocada por moitas formacións de música tradicional galega.
Discografía O grupo gravou dous discos na súa historia:
Na festa do boi, (Elígeme Discos, 1990) Gáitropos, (Sonifolk, 1992), título baseado na lenda do home-gaita, que aparece deseñado por Anxo Varela na portada, xunto á frase Era em tempos do Rei Afonso o Emperador. En 2008 un bar de Silleda empregou o nome do grupo e a portada de Gáitropos, pero cambiando a autoría do debuxo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Leixaprén Premio Leixaprén
Categoría:Grupos galegos de música tradicional