miniatura|Amparo Baró co elenco da serie El internado. Amparo Baró, nada en Barcelona o 21 de setembro de 1937 e finada en Majadahonda o 29 de xaneiro de 2015, foi unha actriz catalá.Ficha en IMDB
Traxectoria Baró comezou no teatro da man de Adolfo Marsillach. A pesar da súa grande experiencia como actriz, a popularidade e o recoñecemento por parte do gran público chegaríanlle da man do seu personaxe de Sole Jimeno na serie de televisión Siete Vidas de Telecinco, papel que interpretou durante máis de 7 anos entre 1999 e 2006 con grande éxito.
Finou no Hospital Universitario Puerta de Hierro por mor dun cancro de pulmón.
Premios Premio Ercilla de Teatro en 1996, Premio Asociación Independiente de Teatro de Alacat á mellor actriz 1983-84, Medalla de Ouro do Espectador e da Crítica á mellor actriz en 1983, Premio Círculo de Escritores Cinematográficos en 1979, Premio Miguel Mihura da SGAE en 1967 Antena de Oro á mellor actriz en 1962, Gañadora do Premio da ATV á mellor actriz de televisión por Siete vidas nos anos 2000, 2001, 2003 e 2004. Gañadora do Premio á mellor actriz da Unión de Actores en 2003 e 2004 por Siete vidas. Foi nomeada tamén a mellor actriz secundaria no ano 2000. Gañadora do Premio TP de Ouro á mellor actriz por Siete Vidas no ano 2005 e nomeada como mellor actriz nos anos 2002, 2003 e 2004.
Filmografía Cine Siete mesas de billar francés (2007), de Gracia Querejeta A falta de pan (2005 curtametraxe) Noviembre (2003), de Achero Mañas El palomo cojo (1995), de Jaime de Armiñán Boca a boca (1995), de Manuel Gómez Pereira Al otro lado del túnel (1994), de Jaime de Armiñan Las cosas del querer: Segunda parte (1993), de Jaime Chávarri Al otro lado del túnel (1992), de Jaime de Armiñán Soldadito español (1989), de Antonio Giménez Rico Las cosas del querer (1988), de Jaime Chávarri Mi general (1987), de Jaime de Armiñán Cara de acelga (1987), de José Sacristán El bosque animado (1987), de José Luis Cuerda Stico (1985), de Jaime de Armiñán El elegido (1985), de Fernando Huertas En septiembre (1982), de Jaime de Armiñán Apaga... y vámonos (1981), de Antonio Hernández 27 millones libres de impuestos (1980), de Pedro Masó El divorcio que viene (1981), de Pedro Masó El nido (1979), de Jaime de Armiñán Al servicio de la mujer española (1978), de Jaime de Armiñán Carola de día, Carola de noche (1969), de Jaime de Armiñán La banda del Pecas (1968), de Jesús Pascual Tengo 17 años (1964), de José María Forqué La chica del trébol (1963), de Sergio Grieco Tierra de todos (1962), de Antonio Isasi-Isasmendi Margarita se llama mi amor (1962), de Ramón Fernández Tres de la Cruz Roja (1962), de Fernando Palacios Adiós, Mimí Pompón (1961), de Luis Marquina Sendas cruzadas (1961), de Juan Xiol Llama un tal Esteban (1960), de Pedro Luis Ramírez Trío de damas (1960), de Pedro Lazaga Rapsodia de sangre (1957), de Antonio Isasi-Isasmendi Carta a Sara (1957), de Leonardo Bercovici e Claudio Gora
Teatro Ondina El sombrero de copa Frankie y la boda Los buenos días perdidos Leticia y los peces rojos Destino Broadway (1995) La opinión de Amy
Televisión El internado (2007-) 7 vidas (1999-2006) Hasta luego cocodrilo Lorca, muerte de un poeta Farmacia de guardia Qué loca peluquería Juntas pero no revueltas En plena forma
Notas
Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2015