A dinastía hetumida ou hethumida, tamén escrito como hetumíes (en armenio: Հեթումյաններ) eran membros dunha familia nobre armenia que se asentou en Cilicia trala conquista de Armenia polos selxúcidas e chegaron a ser unha unha dinastía real armenia.

No terceiro cuarto do século XI, recibiron do emperador bizantino o señorío de Lampron, polo que tamén son coñecidos como a Casa de Lampro ou Lampron, e o título de sebasto. Outras pólas da familia gobernaron os señoríos de Corikós e Barberon.

Cando os príncipes da familia rival rupénida fundaron o principado armenio de Cilicia, os hetumíes foron os líderes da oposición baronal fronte os príncipes e despois fronte os reis. En 1224, coa extinción da familia rupénida, os hetumíes subiron ao trono e gobernaron o Reino Armenio de Cilicia dende 1226 até 1341 en que o trono pasou á Casa de Lusignan. Hetum I, o primeiro dos hetumidas ou hetumíes, chegou ao poder cando casou coa raíña Isabel de Armenia, da dinastía rubénida, que herdara o trono do seu pai, León I de Armenia, co que se xuntaron as dúas dinastías.

A familia extinguiuse definitivamente en 1373.

Historia A dinastía hetumida no Reino armenio de Cilicia estableceuse cando o neto de Constantino, Hetum I, foi nomeado gobernante de Cilicia polo Imperio Mongol. Hetum I ampliou o territorio do reino e forxou estreitos vínculos co Imperio Mongol, o que lle permitiu manter a autonomía e a protección das ameazas externas. Baixo os hetumíes, o reino armenio de Cilicia alcanzou o seu cume cultural e económico. A dinastía era coñecida polo seu apoio ás artes, a literatura e a arquitectura, o que levou á construción de magníficos edificios e á creación de fermosas obras de arte. Os gobernantes hetumíes tamén mantiveron alianzas cos cruzados e outras potencias europeas, o que trouxo importantes beneficios económicos e políticos ao reino.

Porén, a fortuna do reino comezou a declinar no século XIV, e finalmente caeu en mans do sultanato mameluco en 1375. A pesar da súa desaparición definitiva, a dinastía hetumida deixou un legado duradeiro na historia e cultura armenias.

Señores de Lampron

Hetum I, morto polo 1071. Oshin I polo 1071-1110. Hetum II 1110-1143. Repartición dos seus dominios entre Oshin II (en Lampron) e Sembat (en Barberon). Oshin II 1143-1170. Hetum III 1170-1218. Constantino I 1218-1250. Herdado por León III de Armenia Menor, casado cunha filla de Hetum (+1250) e neta de Constantino I.

Reis Hetumíes de Armenia

Hetum (ou Hetoum) I (1226–1270) León II (1270–1289) – fillo de Hetum I Hetum II (1289–1293) – fillo de León II Thoros III (1293–1298) – fillo de León II Hetum II (1294–1297: segundo período de reinado) Sempad (1297–1299) – fillo de León II Constantino I (III) (1299) – fillo León II Hetum II (1299–1301: terceiro período de reinado), rexente 1301–1307 León III (1301–1307) – fillo de Thoros III Oshin (1307–1320) – fillo León II León IV (1320–1341) – fillo de Oshin En 1341, o trono pasou á Casa de Lusignan.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Armenia bagrátida Reino Armenio de Cilicia Dinastía rubénida Lista de monarcas do Reino Armenio de Cilicia

Ligazóns externas Os Hethumidas en GENEALOGY.EU

Categoría:Historia de Turquía Categoría:Dinastía Hetumida