A lingua tepehuana é o nome xeral de tres linguas estreitamente relacionadas (as linguas tepehuana do norte, do suroeste e do sueste) pertencentes á póla pimana da familia uto-azteca, todas elas faladas no norte de México. A lingua tamén é coñecida como o'otham polos seus falantes. O tepehuano do norte está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO, e o tepehuano do sur está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Clasificación Tepehuano do norte O tepehuano do norte é falado por unhas 10.000 persoas (censo de 2020)Lenguas indígenas y hablantes de 3 años y más, 2020 INEGI. Censo de Población y Vivienda 2020. en varios asentamentos en Guadalupe y Calvo e Guachochi, Chihuahua, así como no norte de Durango.

Tepehuano do sur O tepehuano do sur é falado por unhas 45.000 persoas, divididas de maneira igualitaria en:

Tepehuano do sueste no concello de Mezquital, no estado de Durango. Tepehuano do suroeste, no suroeste de Durango.

O tepehuano do sur coexiste coa lingua mexicanera; hai algún matrimonio mixto entre os dous grupos étnicos, e unha serie de falantes son trilingües en mexicanero, tepehuano e castelán.

Exemplo de texto Tepehuano do norte

Gʌrooga aapipʌsmaacʌdʌ tʌvaagɨʌrʌ daja, aatʌmʌ ipʌlidɨ ɨʌoodami gʌšiia duutuadagɨ. Vai otoma aʌna

istuigaco gatʌaanʌda agai aapi ʌʌgɨ tami oidigɨ daama. Vaidʌ ʌpʌduuna pʌštumaasɨ aapɨ ipʌlidi

tami oidigi daama poduucai isduucai ʌpʌvueeyi tʌvaagiʌrʌ. Gʌrsoiñañi tʌtai viaaca aatʌmʌ cuaadagai

tʌšɨ ʌʌšɨ tʌgito sivɨ vʌʌtarʌ. Gʌroigʌldañɨ gʌrsoimaascamiga tʌsmaacʌdʌ ivueeyi

poduucai tʌsduucai oigʌldi aatʌmʌ ʌgai ismaacʌdʌ šoimaasi gʌrvuiididi. Maiti dagito

išʌDiaavora gʌraagiadan taadacagi isiduñia aatʌmʌ soimaasi. Cʌʌ maatʌ aatʌmʌ isaapi ʌrʌgʌʌ

baitʌc ʌaacamitʌvaagiʌrʌ dai oidi daama tomastuigaco, dai aapi vaamioma viaa guvucadagaɨ

tomastuigaco istomali ʌmo ʌmai daɨ isaliʌšɨ gʌaagai ɨsvʌʌšɨ oodami gʌsiaa duutuadagɨ tomastuigaco.Noso Pai que estás no ceo: santificado sexa o teu nome, veña a nós o teu reino e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. O noso pan de cada día dánolo hoxe; e perdóano-las nosas ofensas como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal. Amén.

Tepehuano do sur

Utogga atemo tubaggue :dama Santu sicamoe uggue ututugaraga duviana uguiere api odduna gutuguito daraga tami dubar dama tubggue. Udguaddaga ud macane schibi ud joigadane ud seca doada raga addu cate abemo joigudu jut jaddune maitague daguito soy macire ud niuca dacane api odduna. Amen, Jesus.Noso Pai que estás no ceo: santificado sexa o teu nome, veña a nós o teu reino e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. O noso pan de cada día dánolo hoxe; e perdóano-las nosas ofensas como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal. Amén.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas de México Bibliografía

Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas pimanas Categoría:Linguas de México