Conopodium é un xénero de plantas herbáceas pertencente á familia das apiáceas. Comprende 57 especies descritas e destas, só 8 aceptadas.Conopodium en PlantList

Descrición Son herbas perennes, cun tubérculo subterráneo esférico ou irregular. Talos flexuosos na parte inferior. Follas 2-3 pinnatisectas. Umbelas de primeira orde con 0 (-2) brácteas; as de segunda orde con 0-10 bracteolas. Dentes do cáliz ausentes ou diminutos. Pétalos brancos. Froitos oblongo-ovoideos, glabros, pardos. Estilopodio cónico ou cónico-aplanado, estreitándose gradualmente cara ao estilo.Conopodium en Flora Vascular

Taxonomía O xénero foi descrito por Wilhelm Daniel Joseph Koch e publicado en Nova Acta Physico-medica Academiae Caesareae Leopoldino-Carolinae Naturae Curiosorum Exhibentia Ephemerides sive Observationes Historias et Experimenta 2: 118. 1824. A especie tipo é: Conopodium denudatum W.D.J. Koch.

Especies A continuación amósase unha listaxe das especies do xénero Conopodium aceptadas até setembro de 2012, ordenadas alfabeticamente. Para cada unha indícase o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos.

Conopodium arvense (Coss.) Calest. Conopodium bunioides (Boiss.) Calest. Conopodium glaberrimum (Desf.) Engstrand. Conopodium majus (Gouan) Loret Conopodium marianum Lange Conopodium pyrenaeum (Loisel.) Miégev. Conopodium subcarneum (Boiss. & Reut.) Boiss. Conopodium thalictrifolium (Boiss.) Calest.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20081013022852/http://www.tela-botanica.org/eflore/BDNFF/4.02/nn/101719

Categoría:Scandicinae