Carlos Viéitez Fernández, nado en Xil (Meaño), é un político galego.
Traxectoria Foi xuíz de paz de Meaño e técnico da Mancomunidade do Salnés. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG en Meaño e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada, pese a perde-la formación a maioría absoluta, tras negarse os concelleiros do PSdeG a apoiar ó candidato independente José Manuel Aspérez.
En outubro de 2019 foi expulsado do PPdeG tras facilitarlle aos socialistas un representante na Mancomunidade do Salnés que supuxo facilita-la perda do control deste órgano por parte dos populares en favor dos socialistas. Un ano despois, a dirección nacional do partido confirmou a expulsión por "manifesta deslealdade" co partido e por "desobediencia". Tódolos concelleiros do seu grupo, xunto con numerosos militantes populares, acompañárono e en setembro de 2021 fundou o partido Veciños de Meaño. Nas municipais de 2023 encabezou dita formación e foi reelixido alcalde con maioría absoluta.
O 8 de febreiro de 2024 anunciouse a súa volta ao PPdeG xunto con todo o equipo de Veciños de MeañoCarlos Viéitez y todo su grupo vuelve a casa: Veciños de Meaño se reintegra en el PP.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Meaño
Categoría:Alcaldes de Meaño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Meaño Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados no século XX