KITSAT 1, (acrónimo de Korean Institute of Technology Satellite 1), coñecido tamén como OSCAR 23, foi un satélite artificial de Corea do Sur lanzado o 10 de agosto de 1992 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou.

Características KITSAT 1 foi un satélite desenvolvido polo Instituto Coreano de Tecnoloxía e Surrey Satellite Technology. Usaba o bus Microsat-70, con forma de caixa de 35 x 35 x 67 cm e unha masa de 48,6 kg. Estaba recuberto de células solares para producir enerxía eléctrica e estabilizábase mediante gradente gravitatorio grazas a un mastro despregable.

O satélite levaba as seguintes cargas a bordo:

Earth Imaging System (EIS): dúas cámaras con sensores CCD, unha cunha resolución de 4 km e outra de 400 m. Digital Signal Processing Experiment (DSPE): un experimento sobre transmisión de información dixital desde o espazo. PACSAT Communications System (PCS): un servizo para afeccionados capaz de almacenar e transmitir mensaxes a estacións terrestres mediante protocolos estándar a velocidades de 9600 bps. Cosmic Ray Experiment (CRE): un experimento para a investigación da radiación ambiental e os seus efectos, composto polo Total Dose Experiment (TDE) para medir a dose total de ionización e polo Cosmic Particle experiment (CPE) para detectar eventos de partículas enerxéticas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ariane 4 KITSAT 2 KITSAT 3

Categoría:Satélites artificiais