Koronas Foton ou Coronas Foton foi un observatorio espacial ruso lanzado o 30 de xaneiro de 2009 mediante un foguete Tsiklon-3 desde o Cosmódromo de Plesetsk.
Características Koronas Foton era un observatorio espacial adicado á observación do Sol e ao estudo da interacción entre o Sol e a Terra. Tiña unha masa de 1900 kg e foi o terceiro observatorio da serie Koronas tras Koronas I e Koronas F. Cunha esperanza de vida de tres anos cando foi lanzado, o seu obxectivo principal era estudar os procesos de acumulación de enerxía e a súa conversión en partículas aceleradas durante as fulguracións solares, o estudo dos mecanismos de aceleración, propagación e interacción de partículas na atmosfera solar e o estudo da relación entre a actividade solar e os procesos físico-químicos na atmosfera superior da Terra.
Koronas Foton deixou de funcionar a mediados de xaneiro de 2010 debido a problemas no seu sistema de enerxía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Koronas F Koronas I Tsiklon-3
Categoría:Observatorios espaciais