miniatura|Gansos e patos son dous tipos de aves acuáticas, que inclúen as aves mariñas, as aves costeiras, as anseriformes, e moitas outras. miniatura|Vídeo de gaivotas, patos e cisnes alimentándose no río Danubio en Viena (2014)

Unha ave acuática é unha ave que vive en ou arredor de masas de auga. Nalgunhas definicións o termo aplícase especialmente ás aves de ecosistemas de auga doce, pero outras inclúen tamén as que habitan en ecosistemas mariños. Ás veces o termo ave mariña utilízase para designar as que prefiren o mar aberto.João Carlos Farinha y Hélder Costa, Guia de Campo das Aves Aquáticas de Portugal. Lisboa: Instituto da Conservação da Natureza, 1999 () Algunhas (por exemplo as aves limícolas) son máis terrestres, mentres que outras (por exemplo moitas anseriformes) son máis acuáticas, e as súas adaptacións varían dependendo do ambiente no que viven. Entre estas adaptacións están: pés palmados, peteiros e patas adaptados a alimentarse na auga, e a capacidade de mergullarse desde a superficie ou desde o aire para capturar presas no aire. Non obstante, non todas teñen todas estas adaptacións á vez; por exemplo, moitas limícolas e os merlos rieiros non teñen pés palmados.

Algunhas aves de presa piscívoras, como as aguias peixeiras do xénero Pandion e as aguias mariñas do xénero Haliaeetus, cazan presas acuáticas pero non están na auga durante moito tempo e viven predominantemente en terra, polo que non se consideran aves acuáticas. O termo ave acuática tamén se usa en contextos de conservación para referirse a aves que habitan ou dependen de corpos de auga ou zonas húmidas. Exemplos deste uso aparecen en nomes de acordos internacionais ou de reservas naturais; por exemplo Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Afroeurasiáticas (AEWA) e a Reserva de Aves Acuáticas de Wallnau.

miniatura|Unha mobella de bico branco, unha ave mergulladora da orde Gaviiformes, nadando nun lago no norte de Alasca, Estados Unidos

Tipos

Algúns exemplos de aves acuáticas son:

Aves mariñas (ordes Suliformes, Sphenisciformes, Phaethontiformes e Procellariiformes, familia Pelecanidae dentro de Pelecaniformes e as familias Alcidae, Laridae e Stercorariidae dentro de Charadriiformes) Limícolas (orde Charadriiformes) Anseriformes (exemplos desta orde son: patos, gansos, cisnes, anseranátidos, anímidos) Mergullóns (orde Podicipediformes) Mobellas (orde Gaviiformes) Cegoñas (orde Ciconiiformes) Pelecaniformes (pelicanos, garzas, garzotas, ibis, etc.) Flamengos (orde Phoenicopteriformes) Algúns membros da orde Gruiformes, como grúas e rascóns, galiñolas e galiñas de ríos) Picapeixes (familia alcedínidos) Unha familia de paseriformes, os merlos rieiros

Evolución

miniatura|O Pelecanus occidentalis ten unha bolsa gular agrandada para alimentarse de bancos de pequenos peixes. Pertence á orde Pelecaniformes, que tamén contén as garzas, abetouros e ibis

A evolución das aves acuáticas está centrada nas adaptacións para mellorar as técnicas de alimentación. Isto afecta ás patas que están adaptadas a vadear ou nadar, con pés palmados. Moitas destas adaptacións son comúns en difrerentes tipos de aves acuáticas. Por exemplo, os flamingos e os patos teñen unha alimentación filtradora similar, e o peteirozapato ten unha estrutura similar á de moitas aves acuáticas.

Algunhas aves acuáticas están tan adaptadas á natación que perderon a capacidade de voar, como os pingüíns. Outras viven a maior parte da súa vida no mar, pero voando e pescando e só van a terra a reproducirse, como os albatros.

A análise das secuencias de ADN, concretamente a secuenciación dos xenes mitocondriais, foron usados para clasificar e diferenciar as diversas aves acuáticas. Esta clasificación faise por análise de sinapomorfías aparentes relativas (RASA), que salienta certas ramas de xenes que clasifican os patos e aves de curral por exemplo, como un grupo externo (outgroup). Comparar e comprender estes padróns de xenes permite que se poidan clasificar as aves acuáticas.

Extinción

miniatura|O pato Anas superciliosa, un dos anatinos, alimentándose nunha zona húmida.

A perda de zonas húmidas ten un grande impacto nas aves acuáticas e pode orixinar a súa extinción nas rexións onde estas zonas desaparecen ou están contaminadas. Por exemplo, na China o 33% das zonas húmidas perdéronse entre 1978 e 2008, as cales eran o principal terreo de reprodución de moitas especies de aves acuáticas chinesas, como o Aythya baeri, que agora está en risco de extinción. A poboación desta especie diminuíu entre 150 e 700 aves en anos recentes debido aos impactos ambientais negativos no seu hábitat así como as actividades humanas como a caza e a pesca. Esta perda de zonas húmidas na China débese ao aumento da urbanización e polución industrial. miniatura|O ollodourado é un pato mergullador (Aythyini) que como peixes.

Notas

Categoría:Aves