Catalina Salom Nunia, máis coñecida como Catuxa Salom, nada en Vilagarcía de Arousa en 1989, é unha cantante, compositora, actriz e socióloga galega.

Traxectoria Ten raíces familiares arxentinas. Estudou Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid e teatro na escola de interpretación Juan Carlos Corazza. Despois de vivir uns 10 anos, viviu na Pontenova onde se inspirou e compuxo música.

Medrou co folclore arxentino de Los Nocheros, Mercedes Sosa, Violeta Parra. Despois investigou sobre o blues, o funk, e country... Aos 21 anos formou en Madrid con outra moza a banda de «country ibérico».

Coa música en galego de fusión das súas raíces nativo-arxentinas participou na terceira edición de “Imos ter máis que palabras” en Ourense no 2022. Ademais sente unha profunda atracción polo folclore arxentino, que influíu moito no seu son. Define a súa música como unha fusión de ritmos tribais latinoamericanos con música en galego, nun envoltorio electrónico. Confesa beber de fontes como Bomba Estéreo, Fuel Fandango e Nicola Cruz.

Actúa en solitario coa súa LoopStation, coa súa LiveBand (Yudit Almeida ao Contrabaixo e Lucía Cortiñas á percusión).

Publicou o seu primeiro sinxelo, Mulleres piratas, en 2022, e tamén Ten Ten pé e Cando eu morra. alt=Na Cedofestiña 2024|miniatura|Na Cedofestiña 2024 Nunha aldea foi o seu primeiro disco, que presentou no Luar. Tamén lles canta ás "mulleres piratas”, as mariscadoras.

Discos Nunha aldea (EP, 2022) Cāldo (LP, 2024) As vosas raons (EP, 2025), xunto coa artista catalá Joana Dark. Este tema é unha revisión da canción tradicional Bon dia, Elionor, recollida por Joan Amades. "Te quedaste fuera" xunto coa artista Bewis de la Rosa (EP, 2025) " Sen deterse " co grupo de TanDub (2025)

Premios

Premios Martín Códax 2024: Músicas do Mundo e Mestizaxe.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Canle en TouTube

Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1989 Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid