A Ponte da Rocha é un lugar da parroquia de Conxo, no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago.
Clangor Neste lugar atopábase a discoteca Clangor, aberta na década de 1980. O 11 de outubro de 1990 o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive cometeu un atentado con bomba contra a discoteca. Os terroristas alegaron que a sala era un centro de narcotráfico."La ofensiva «guerrilleira» siembra el temor entre los narcotraficantes gallegos", artigo en El País, 13 de outubro de 1990 No atentado morreron tres persoas: unha estudante, Mercedes Domínguez Rodríguez, que estaba na discoteca e os dous terroristas, Xosé Ignacio Villar Regueiro e Dolores Castro Lama. Resultaron feridas 49 persoas,"Tres muertos y 49 heridos en una ofensiva del terrorismo gallego dirigida contra los 'narcos'", El País 12 de outubro de 1990 algunhas delas de gravidade. Segundo os terroristas, os explosivos deberían estourar ao remate da noite, cando a discoteca estivese pechada,"La policía da por muerto al 'Exército Guerrilheiro' diez años después de su último golpe ", La Voz de Galicia, 11 de novembro de 2000 mais a acción dos altofalantes provocou a súa detonación anticipada.
Lugares e parroquias Lugares de Conxo
Parroquias de Santiago de Compostela
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Santiago de Compostela
Categoría:Lugares de Santiago de Compostela