Caroline Peddle Ball, nada en Terre Haute, Indiana, o 11 de novembro de 1869 e finada en Harwinton, Connecticut, o 1 de outubro de 1838, foi unha escultora estadounidense."Caroline Peddle Ball". AskArt.com

Traxectoria

Primeiros anos e formación Caroline Peddle era filla de Mary Elizabeth Ball e de Charles Rugan Peddle,"Ball, Caroline Peddle". En Leonard, J. W. (1914). Páxina 71. que exercía como mestre mecánico do ferrocarril de Terre Haute a Richmond.Wright, S. "Caroline Peddle Ball (Nov 11, 1869 – Oct 1, 1938)". Vigo County Public Library (Vigolibrary.org).Nichols, K. L. "Caroline Peddle Ball (1869 - 1938) ". International Women Sculptors.1893 Chicago World's Fair and Exposition.

Caroline Peddle comezou a súa educación na Escola Normal de Terre Haute e despois no Instituto Politécnico Rose. Posteriormente continuou a súa formación artística en Filadelfia, na Escola de Deseño Feminino e na Academia de Belas Artes de Pensilvania. Xa en Nova York, completou a súa formación na Art Students League, con profesores como Augustus Saint-Gaudens e Kenyon Cox.C. (1906). Páxinas 310-311. Nesta institución formou parte do Gremio de Artes e Oficios.

Carreira artística miniatura|313x313px|Esbozo inicial de Caroline Peddle para o cuarto de dólar isabelino.Moran, M. F. (2008). Páxina 95. Peddle Ball traballou para a Tiffany Glass and Decorating Company, que expuxo os seus deseños na Exposición de Chicago de 1893. Para esta compañía deseñou as súas primeiras encargas, entre outras, as figuras da Virxe xuvenil e do Cristo do Sagrado Corazón.C. (1906). Páxina 311.

Por recomendación do seu antigo profesor Saint-Gaudens, encomendóuselle tamén o deseño dunha moeda en conmemoración a Exposición de Chicago, o coñecedio "cuarto de dólar isabelino", labor para o que foi contratada en marzo de 1893. Peddle chegou a presentar un esbozo do seu deseño para esta moeda conmemorativa, que reproducía no anverso a raíña de Castela Isabel I, mais este non foi do agrado do daquela director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Edward O. Leech, quen limitou a encarga a Peddle a só unha face da moeda. Ante esta situación, Peddle sentiuse desautorizada e no mes de abril decidiu retirarse do proxecto, que finalmente foi executado polo gravador xefe da Casa da Moeda, Charles Edward Barber.Moran, M. F. (2008). Páxinas 87-93.

Cara a 1895, Peddle Ball viaxou a Europa. Estivo en Florencia de setembro dese ano a marzo de 1896, estudando os mestres do Renacemento; tamén visitou Roma e tivo un estudio en París durante varios anos, a partir de maio de 1897. Durante a súa estadía en Europa creou decoracións de interiores para residencias particulares e tamén esculturas monumentais. Unha destas figuras, Victoria, no edificio dos Estados Unidos da Exposición Universal de París de 1900, valeulle unha mención honorífica.Waters, C. E. C. (1904). Páxina 25.

Peddle Ball regresou aos Estados Unidos en 1902 e mantivo un estudio en activo durante o resto da súa vida. Foi unha prolífica expositora ata moi avanzada idade. A súa escultura de tamaño natural da actriz ruso-estadounidense Alla Nazimova recibiu homenaxes na Academia de Belas Artes de Filadelfia. Especializouse en fontes para paxaros, modelos de cativos, lápidas de cemiterio e farois decorativos. Entre outros traballos, creou unha fonte conmemorativa en Flushing, Long Island, un retrato medallón de Miss Cox, de Terre Haute, e un monumento a un cativo na mesma cidade.

Vida persoal Caroline Peddle era a irmá máis nova de John B. Peddle, un enxeñeiro mecánico profesor de Deseño Mecánico no Instituto Politécnico Rose, onde ela estudou.

O 16 de outubro de 1902 casou con Bertrand E. Ball, con quen tivo unha filla, chamada Mary Aseneth. O matrimonio acabaría en divorcio.

Caroline Peddle pasou os seus derradeiros anos en Connecticut. Alí finou o 1 de outubro de 1938, aos 68 anos, no Charlotte Hungerford Hospital, na cidade de Torrington."Mrs. Caroline P. Ball; sculptress Taught by Saint Gaudens dies in Torrington". En The New York Times. 3 de outubro de 1938.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

C. (1906). "The Work of Caroline Peddle Ball". En The Script. Notes on Art. Vol. I. Nº 10. Xullo. Páxinas 310-312. Leonard, J. W. (1914). Woman's who's who of America. The American Commonwealth Company, Nova York [reimpreso en 1976. ISBN 0-8103-4018-6] Moran, M. F. (2008). Striking Change: The Great Artistic Collaboration of Theodore Roosevelt and Augustus Saint-Gaudens. Whitman, Atlanta. ISBN 978-0-7948-2356-6 Waters, C. E. C. (1904). Women in the Fine Arts: From the Seventh Century B.C. to the Twentieth Century A.D. Houghton, Mifflin.

Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados no condado de Vigo, Indiana Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Art Students League of New York