1 centavo Flying Eagle "Composition and Specifications". Flyingeaglecent.com120x120px120x120pxA/: Aguia en voo cara á esquerda. Data Lendas: UNITED STATES OF AMERICA.R/: Valor facial dentro de coroa vexetal. Lendas: ONE CENT Datas: 1856-1958. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: James Barton Longacre. Aliaxe: cuproníquel (88 % Cu e 12 % Ni). Tiraxe totral: 42.054.419 exemplares. Diámetro: 19,00 mm. Peso: 4,67 g. Canto: liso.

O centavo de dólar Flying Eagle (en galego: "aguia en voo") é unha moeda dese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, a modo de proba en 1856 e para a circulación en 1857 e 1858. A moeda, cuñada en cuproníquel, foi deseñada polo gravador xefe da Casa da Moeda, James B. Longacre, e recibe o seu nome pola aguia en voo que caracteriza o seu anverso, baseada no traballo do predecesor de Longacre, Christian Gobrecht.

A principios da década de 1850, o centavo grande —dun tamaño próximo ao do medio dólar— emitido pola Casa da Moeda estaba a volverse impopular no comercio e custoso de cuñar. Logo de experimentar con varios tamaños e composicións, a Casa da Moeda decidiuse por unha aliaxe do 88 % de cobre e o 12 % de níquel para un novo centavo de máis pequenas dimensións. Inicialmente, a Casa da Moeda produciu un número limitado de exemplares coa data de 1856, que lles foron entregados a lexisladores e a altos funcionarios do Goberno, e en febreiro de 1847 o Congreso autorizou formalmente a produción da nova moeda para a súa posta en circulación.

O novo centavo emitiuse para substituír na circulación a dúas moedas: por unha parte a moeda dun centavo de tamaño grande que a precedera, e por outra a desgastada moeda colonial española de prata que circulara nos Estados Unidos ata aquel momento. Emitíronse tantos centavos novos que chegaron a afogar as canles comerciais, sobre todo porque tiñan un curso legal limitado e ninguén tiña a obriga de aceptalos. A nova moeda non deu os resultados esperados e foi substituída en 1859 pola coñecida como centavo Indian Head, tamén deseñada por Longacre.

Inicio A moeda dun centavo foi a primeira moeda oficial dos Estados Unidos cuñada na Ceca de Filadelfia en 1793.Breen, W. (1988). Páxina 177. Aquelas pezas, hoxe coñecidas como "centavos grandes", estaban feitas de cobre puro e tiñan o tamaño lixeiramente inferior á de medio dólar —entre 27 e 29 milímetros—.Lange, D. W. (2006). Páxina 27. Cuñáranse todos os anos, agás en 1815 por mor da escaseza de metal, mais tardaron en establecerse no comercio. As moedas de prata coloniais españolas utilizábanse daquela comunmente no comercio en todos os Estados Unidos. Naquela época, tanto o ouro como a prata tiñan curso legal total alí, mais as moedas de cobre tíñano limitado, xa que o Goberno federal non as trocaba nin as aceptaba para o pagamento de impostos.Lange, D. W. (2006). Páxinas 40-41. miniatura|163x163px|Reverso do centavo Feuchtwanger.Bugeja, M (2011). "Historic Feuchtwanger cent". En Coin World. 3 de maio. A Casa da Moeda cuñaba daquela prata ou ouro en resposta aos depósitos dos posuidores dos metais preciosos, e obtiña poucos beneficios con esas transaccións. Na década de 1840, os beneficios da monetización do cobre en centavos —o que se coñece como señoriaxe— axudaron a financiar o funcionamento da Casa da Moeda. En 1849, os prezos do cobre subiron de súpeto, o que levou o Tesouro a investigar posibles alternativas ás grandes pezas dun centavo.Snow, R. (2009). Páxina 7. O centavo era impopular no comercio; ao ter un curso legal limitado, ninguén estaba obrigado a aceptalo, e era frecuente que os bancos e os comerciantes o rexeitasen.Breen, W. (1988). Páxina 215. En 1837, o excéntrico químico de Nova York Lewis Feuchtwanger experimentara coa produción de exemplares de proba dunha moeda dun centavo de menor tamaño, como parte dunha estratexia para lle vender ao Goberno a súa aliaxe, similar á alpaca, para o seu uso na cuñaxe de moedas. As probas producidas por Feuchtwanger chegaron a estar en circulación como fichas non oficiais nos tempos difíciles da recesión de finais da década de 1830 e principios da de 1840.

En 1850 xa non resultaba rendible para a Casa da Moeda cuñar as grandes moedas dun centavo. Así as cousas, o 14 de maio o senador por Nova York Daniel S. Dickinson presentou un proxecto de lei para a cuñaxe dun centavo de billón, unha aliaxe de cobre cunha pequena cantidade de prata. Naquela época, a opinión xeneralizada era que as moedas debían conter unha gran proporción do seu valor nominal en metal. O proxecto de lei prevía a creación dunha moeda anular, é dicir, cunha gran perforación central. A Ceca de Filadelfia cuñou pezas experimentais e descubriu que con esa forma sería difícil expulsalas das prensas onde se cuñaban, e que resultaría caro recuperar a prata da aliaxe logo de retiralas da circulación ao finalizar a súa vida útil. As disposicións relativas á creación dun centavo máis pequeno elimináronse da lexislación que, finalmente, deu lugar á aprobación polo Congreso da moeda de tres centavos en 1851.Taxay, D. (1983) . Páxinas 233-234. O historiador numismático Walter Breen suxeriu que un dos factores para rexeitar as moedas furadas foi que lembraban a moitas moedas chinesas do tipo cash, coñecidas polo seu mínimo valor adquisitivo. Unha caída dos prezos do cobre en 1851 e principios de 1852 fixo que a cuestión do centavo máis pequeno pasase a ser menos urxente no Departamento do Tesouro, organismo que supervisaba as actividades da Casa da Moeda. miniatura|161x161px|Proba en níquel dunha moeda de medio centavo (1856). Os prezos do cobre subiron novamente a finais de 1852 e a principios de 1853, e chegaron a superar os 0,40 dólares por libra, que a Casa da Moeda consideraba como o punto de equilibrio para a fabricación de moedas dun centavo, tendo en conta o custo de produción: 1 libra (0,45 kg) de cobre producía 42⅔ centavos grandes. A partir de 1853 cuñáronse exemplares en proba para un novo centavo en diversas aliaxes de metal base, utilizando para o anverso o cuño das moedas de 2½ dólares (un cuarto de aguia), dun tamaño próximo.Snow, R. (2009). Páxinas 7-8. Algunhas desas aliaxes propostas contiñan níquel, e tamén se tomaron en consideración para o seu uso no centavo o "bronce francés" (95 % de cobre e o resto de estaño e zinc)Posteriormente utilizouse para o centavo desde 1864 ata 1982, bardante en 1943. Véxase Yeoman, R. S. (2010).. Páxinas115-122. e diversas variedades de alpaca ou prata alemá. No seu informe anual de 1854, o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, James Ross Snowden, avogou pola emisión de pequenos centavos de bronce, así como pola eliminación da moeda de medio centavo, que cualificou como inútil no comercio.Taxay, D. (1983) . Páxina 235. En 1854 e 1855 cuñáronse varias probas de centavos, que presentaban diversos deseños, entre eles diferentes representacións da Liberdade e dúas adaptacións do traballo do falecido gravador xefe da Casa da Moeda Christian Gobrecht: unha que amosaba a Liberdade sedente, que Gobrecht colocara nas moedas de prata na década de 1830, e outra dunha aguia voando, que Gobrecht creara baseándose nun esbozo do artista Titian Peale.Snow, R. (2009). Páxina 9, 225.

Trámite lexislativo e preparación miniatura|James B. Longacre, creador do deseño do centavo Flying Eagle."James Barton Longacre". National Portrait Gallery. Smithsonian Institution.|290x290px A principios de 1856, o director Snowden propuxo unha lei que lle permitise a emisión dunha moeda dun centavo máis pequeno, mais deixando o tamaño e a composición metálica á súa elección e á do secretario do Tesouro, James Guthrie. Consonte este plan, a nova peza sería de curso legal ata a cantidade de dez centavos e emitiríase en substitución da antiga prata española que aínda circulaba nos Estados Unidos. A taxa de troco entre ambas as moedas permitiría que a prata española recibise o seu valor íntegro (12½ centavos por real, ou bit), cando normalmente esas pezas se negociaban cun desconto de arredor do 20 % por mor do forte desgaste que presentaban. A perda que o Goberno asumiría no intercambio compensaríase cos beneficios da señoriaxe das pezas de metal común. Os novos centavos tamén substituirían os antigos centavos de tamaño grande, a cambio do mesmo valor en medios centavos, valor que se deixaría de utilizar. O proxecto de lei de Snowden presentouse no Senado o 25 de marzo de 1856. O 16 de abril foi modificado para establecer un centavo de polo menos o 95 % de cobre, cun peso mínimo de 6,2 gramos —o antigo centavo pesaba 10,9 gramos—, e foi aprobado polo Senado con esa emenda.Breen, W. (1988). Páxina 235.Taxay, D. (1983) . Páxina 167.

En tanto que o proxecto de lei corría o seu curso no Senado e na Cámara de Representantes, o fundidor e refinador da Casa da Moeda, James Curtis Booth, realizaba experimentos sobre aliaxes que puidesen ser acaídas para o novo centavo, cando este se aprobase. En xullo de 1856, Snowden escribiu ao secretario do Tesouro Guthrie para lle propor como ideal unha aliaxe do 88 % de cobre e o 12 % de níquel, e suxeriulle emendas ao proxecto de lei pendente para a adopción desa aliaxe. O refinador Booth tamén escribiu a Guthrie para impulsar a idea de Snoden.Taxay, D. (1983) . Páxinas 235-237. Ambos os homes propuxeron un peso de 4,7 gramos, que resultaba moi conveniente, xa que dese xeito 80 centavos equivalerían a unha libra troy (373 gramos), aínda que a libra avoirdupois (454 g) era a que naquela época se utilizaba máis comunmente para os metais non nobres.Snow, R. (2009). Páxina 9. miniatura|160x160px|Espécime de proba do centavo Flying Eagle (1854). O gravador xefe da Casa da Moeda, James B. Longacre, recibiu a encarga de preparar deseños para a cuñaxe duns exemplares en proba. Inicialmente, Longacre traballou con deseños de cabezas da Liberdade como os que eran comúns na época, pero Snowden pediu que se preparase un deseño consistente nunha aguia en voo. Isto ocorreu á medida que continuaban os experimentos de Booth; os primeiros modelos de centavos co deseño da aguia voando tiñan o tamaño aproximado dunha moeda dun cuarto de dólar.Julian, R. W. (2008). Para promover a nova aliaxe, a Casa da Moeda fixo cuñar 50 moedas de medio centavo e enviounos a Washington para que os funcionarios do Tesouro llos amosaran a congresistas e outras autoridades. A principios de novembro de 1856, Longacre preparou cuños co que resultaría ser o deseño final, que representaba unha aguia voadora no anverso e unha coroa vexetal no reverso, no tamaño solicitado por Booth.

A Casa da Moeda cuñou varios centos de probas utilizando o deseño da aguia en voo de Longacre na composición proposta. Nun esforzo por asegurar a aceptación pública das novas pezas, as probas cuñadas distribuíronse entre varios congresistas e outros funcionarios, inicialmente en novembro de 1856. Duascentas enviáronse á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes, en tanto que catro se lle entregaron ao presidente Franklin Pierce. Distribuíronse polo menos 634 exemplares, e é probable que chegasen a varios milleiros; había máis dispoñibles, cunha solicitude previa. Esta foi a orixe do centavo Flying Eagle de 1856, un obxecto moi desexado polos coleccionistas, considerado polos numismáticos como parte da serie Flying Eagle, aínda que strictu senso se trataba dunha proba ou peza de transición, e non realmente dunha moeda oficial, xa que aínda non se concedera a aprobación do Congreso."1856 Flying Eagle Cent". Flyingeaglecent.com En data posterior, Snowden cuñou máis centavos pequenos de 1856 para a súa venda ilícita e para os intercambiar por pezas que a Casa da Moeda procuraba para a súa colección de moedas.Snow, R. (2009). Páxinas 15-16. miniatura|163x163px|Anverso dunha peza colonial española de Carlos III de 1776 de dous reais ("dous bits"). Ceca de Potosí."2 Reales - Carlos III". Numista.com