Alnus cordata é unha especie de aliso pertencente á familia das betuláceas.
Descrición Trátase dunha árbore de tamaño medio que alcanza os 17 - 25 m de altura (excepcionalmente 28 m), cun tronco de até 70-100 cm de diámetro. As follas, de cor verde brillante, son deciduas, pero cunha tempada moi longa, de abril a decembro no hemisferio norte, alternas, cordiformes (en forma de corazón), de 5-12 cm de longo e cunha marxe finamente serrada.
A piña (de aparencia similar á da conífera) é ovoide, de 2-3 cm de longo e 1,5-2 cm de ancho, de cor verde escuro a marrón, cando madura no outono. As sementes pequenas con ás dispérsanse durante o inverno, deixando o antigo "cono" leñoso e denegrido na árbore durante un ano.
Do mesmo xeito que outros amieiros, é capaz de fixar nitróxeno do aire. Prospera en chans moito máis secos que a maioría e crece moi rapidamente, mesmo baixo circunstancias desfavorables, o que o fai moi valioso para a paisaxe de plantación nos sitios difíciles, como a minería e de drenaxe de sitios moi compactados.
Distribución e hábitat É nativo do sur de Italia incluíndo Sardeña e Córsega. É unha especie endémica dos países do Sur, onde, con todo, non se propagou uniformemente. Asóciase frecuentemente con árbores de madeira dura (como os carballos e faias). Atópase no sur de Italia, desde as chairas até 1300 m s. n. m..
Taxonomía Alnus cordata foi descrita por (Loisel.) Duby e publicado en Flora Gallica 2(2): 317. 1828.
Etimoloxía
Alnus: nome xenérico do latín clásico para este xénero.En Nombres Botánicos
cordata: epíteto latino que significa "con forma de corazón"En Epítetos Botánicos
Sinonimia
Alnus cordata Desf. Alnus cordata forma parvifolia Callier Alnus cordata var. rotundifolia (Bertol.) Dippel Alnus cordifolia Ten. Alnus cordifolia var. rotundifolia (Bertol.) Regel Alnus macrocarpa Req. ex Nyman Alnus neapolitana Savi Alnus nervosus Dippel Alnus obcordata C.A.Mey. ex Steud. Alnus rotundifolia Bertol. Betula cordata Loisel. basónimoAlnus cordata en PlantList
Notas
Véxase tamén
Categoría:Plantas descritas en 1828 Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Alnus Categoría:Flora de Galicia