Winners (en ) é un filme británico de 2022 rodado en lingua persa e dirixido por Hassan Nazer. Conta a historia de dous nenos dunha pequena comunidade iraniana que descobren a estatua do premio Óscar perdido de Asghar Farhadi. Foi escollido como candidato do Reino Unido para o Óscar ao mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Parsa Maghami como Yahya Helia Mohammadkhani como Leyla Hossein Abedini como Saber Mahmoud Jafari como condutor Shahrzad Kamalzadeh como Mrs. Sadeghi Reza Naji como Naser Khan Ezzatollah Ramazanifar como tío Ezzat Asghar Semsarzade como antiquario Martine Malalai Zikria como nai
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Reino Unido propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes ambientados en Irán Categoría:Filmes rodados en Irán