El empleado y el patrón é un filme uruguaio de 2021 escrito e dirixido por Manolo Nieto. É unha coprodución internacional entre o Uruguai, a Arxentina, o Brasil e Francia. Conta a historia dun home novo a quen o seu pai encomenda a administración das súas terras, polo que ten que contratar novo persoal para facer o traballo do rancho. Está protagonizado por Nahuel Pérez Biscayart, Justina Bustos, Cristian Borges, Fátima Quintanilla e Jean Pierre Noher. Foi escollido como candidato do Uruguai para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 9 de xullo de 2021, e posteriormente tivo unha estrea limitada nos cinemas da Arxentina o 13 de xaneiro de 2022, baixo o selo Latido Films.

Personaxes Nahuel Pérez Biscayart como Rodrigo Cristian Borges como Carlos Justina Bustos como Federica Fatima Quintanilla como Estefanie Jean Pierre Noher como pai de Rodrigo Carlos Lacuesta como Lacuesta Roberto Olivera como Sampaio

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Uruguai propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Uruguai Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes de Francia