Tutadona Moniz de Coímbra, tamén chamada Toda, nada c.960 e falecida c.1025, foi unha nobre, condesa de Portucale polo matrimonio con Menendo II Gundisalviz, despois da morte de Menendo en 1008, gobernou como rexente para despois facelo conxuntamente con Aloito Nuniz, seguinte conde de Portucale. Descoñécese a razón deste goberno conxunto pero pénsase que puideron casar para dar lexitimidade ao novo goberno de Aloito, descendete de Vímara Pérez, igual que o casamento entre, a filla de Tutadona, Ilduara Menendiz e, o fillo de Aloito, Nuno I Aloitiz, nomeados condes de Portucale despois da morte de Aloito a man dos viquingos no 1015.
Familia Os seus pais foron Munio Froilaz de Coímbra e Elvira Paes de Deza, do seu matrimonio con Menendo tivo a seguinte descendencia:
Paio Menendiz Rodrigo Menendiz, era un antepasado directo na liña maternal de Urraca Froilaz, muller de Pedro Froilaz de Traba. Gonzalo Menendiz (atestado 983-1007), é citado co título de conde. Ramiro Menendiz (atestado 1005-15) desempeñou o alto cargo de armiger regis en 1015. Egas Menendiz Munio Menendiz Elvira Menendiz Ilduara Menendiz Eldonza Menendiz
Notas
Categoría:Condes de Portucale