Roger W. Burdette, nado o 18 de setembro de 1946, é un escritor e investigador numismático estadounidense.

Traxectoria Roger W. Burdette licenciouse na Universidade de Maryland, onde logo acadou un mestrado en Educación.

A súa dedicación profesional está relacionada co ámbito dos sistemas de información e o desenvolvemento de software. Durante 13 anos exerceu como consultor independente en compañías como IBM ou Marriott Corporation, e posteriormente vinculouse laboralmente a unha organización sen ánimo de lucro.

Burdette foi coleccionista de moedas durante máis de catro décadas. Como investigador numismático, centrou o seu interese na historia da moeda dos Estados Unidos, sinaladamente do primeiro terzo do século XIX, o que el denomina como "rexurdimento da moeda estadounidense". É, ademais, un especialista en fotografía numismática.

Burdette é membro da Rittenhouse Society. Formou parte do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda entre 2008 e 2012, e exerceu como consultor da Casa da Moeda dos EEUU e foi asesor en materia de autenticación de diversos museos, compañías de certificación, outras entidades e coleccionistas particulares.

En 2021 foi incluído pola revista Coin World na lista das persoas máis influentes da numismática no período 1960-2020.Smith, P. (2012). "Roger W. Burdette". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 18. Recoñecementos

(2021). Premio Clemy, do Gremio Literario Numismático dos Estados Unidos."Numismatic Literary Guild Award 2021 Presented". En Coins Weekly. 26 de agosto de 2021."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. (2024): Premio Robert Friedberg, do Gremio de Numismáticos Profesionais dos Estados Unidos."Robert Friedberg Award". Professional Numismatists Guild (PNGdealers.org).

Publicacións Burdette colaborou con máis de 70 artigos en revistas especializadas estadounidenses como Coin World, Coins e The Numismatist, da American Numismatic Association. Estes son os principais traballos monográficos publicados por el ao longo da súa traxectoria:"Roger W. Burdette". WorldCat.org

(2005). Renaissance of American Coinage, 1916-1921. Seneca Mill Press. ISBN 978-0976898603 (2006). Renaissance of American Coinage, 1905-1908. Seneca Mill Press. ISBN 978-0976898610 (2007). Renaissance of American Coinage, 1909-1915. Seneca Mill Press. ISBN 9780976898627 (2008). A Guide Book of Peace Dollars. Whitman Pub. ISBN 978-0794826697 (2010). Annual Assay Commission: United States Mint 1800-1943. ISBN 9780976898634 (2011). Silver Dollars Struck Under the Pittman Act of 1918. Seneca Mill Press. ISBN 9780976898641 (2012). United States Pattern and Experimental Pieces of WW-II. Seneca Mill Press. ISBN 9780976898658 (2013). From Mine to Mint. ISBN 978-0976898672 (2016). United States Proof Coins 1936-1942. Seneca Mill Press. ISBN 9780989959513 (2017). Truth Seeker: The Life of Eric P. Newman (con L. Augsburger e J. Orosz). Ivy Press. ISBN 978-1633513709 (2019). Girl on the Silver Dollar. Autoedición. ISBN 9780989959551 (2019). Private Pattern and Related Pieces: International Nickel & Gould Incorporated. Autoedición. ISBN 9780989959544 (2021). Fads, Fakes & Foibles. Seneca Mill Press. ISBN 9780989959568 (2023). Saudi Gold and Other Tales from the Mint. Autoedición. ISBN 9780989959575 Notas

Véxase tamén Bibliografía

Smith, P. (2012). "Burdette, Roger, W.". En American Numismatic Biographies. Páxina 67.

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Alumnos da Universidade de Maryland Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes