Amaranthus albus é unha especie pioneira da familia Amaranthaceae orixinaria de América do Norte, pero que se expandiu en varias partes do mundo.Amaranthus albus L. miniatura|Inflorescencias.
Descrición É unha planta herbácea, anual, con talos erectos ou rastreiros, que poden alcanzar entre 10 a 70 cm de altura. As follas son alternadas, redondeadas, ovaladas a espatuladas, pecioladas, de 5 a 50 mm de lonxitude. As inflorescencias son axilares (ou sexa, nacen nas axilas das follas) e cimosas, rodeadas de brácteas de 2 a 3,5 mm de cor verde. É unha especie monoica, as flores masculinas presentan tres sépalos e 3 estames. As femininas, tamén trímeras, cos tépalos desiguais e agudos. O froito é un pixidio, un froito seco similar a unha cápsula. As sementes teñen aproximadamente 1 mm de ancho e son de cor vermella-marrón a negro. O número cromosómico somático é 2n=32.Amaranthus albus (Amaranthaceae). Amaranthus albus Linnaeus. Flora of North America Vol. 4 Páx. 435.
Cando os froitos maduran, o talo crébase preto da súa base e a planta enteira é transportada por acción do vento, distribuíndo dese modo as pequenas sementes até sitios moi afastados.
Distribución xeográfica É orixinaria das rexións tropicais de América do Norte, pero distribuíuse ao longo de todo o mundo, incluíndo África, América do Sur, Australia e Europa, onde se transformou en maleza en lugares ruderais, camiños e campos cultivados, en alturas de máis de 2200 m s. n. m..
Usos As follas son comestibles cocidas e coas sementes faise fariña.
Taxonomía Amaranthus albus foi descrito por Rodschied ex F.Dietr. e publicado en Vollständiges Lexicon der Gärtnerei und Botanik ed. 2, 1: 196. 1824.
Etimoloxía O epíteto específico vén do latín albus significa "branco".
SinonimiaGBIF Amaranthus albus
Amaranthus albus var. albus Amaranthus albus var. monosepalus Amaranthus albus var. parviflorus Amaranthus albus var. puberulus Amaranthus albus var. rubicundus Amaranthus gracilentus Amaranthus graecizans var. pubescens Amaranthus littoralis Amaranthus pubescens Euxolus albidus Galliaria albida Glomeraria alba
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Jepson Manual Treatment USDA Plants Profile Flora of North America Photo gallery
Categoría:Plantas descritas en 1824 Categoría:Flora de África Categoría:Flora de Australia Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de América Categoría:Plantas invasoras Categoría:Amaranthus Categoría:Flora de Galicia