Mouhamet Diouf, nado o 21 de xuño de 1997 en Dakar, Senegal, é un xogador de baloncesto profesional internacional italiano. Formado na canteira do Pallacanestro Reggiana, actualmente xoga no Río Breogán da Liga ACB. Cunha altura de 2,06 m, pode ocupar a posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria Nado en Dakar, capital do Senegal, Diouf formouse como xogador na canteira do Pallacanestro Reggiana, equipo co que debutou na con 17 anos na Lega Basket Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, o 11 de novembro de 2018 ante o Olimpia Milano. Na temporada 2020−21 comeza a ser habitual no primeiro equipo, xogando 24 encontros da Serie A e 3 da FIBA Europe Cup. As súas prestacións foron mellorando temporada a temporada até que na 2022−23 fixo unha media de 6 puntos e 3,2 rebotes por encontro, destacando o seu final de temporada onde fixo unha media de 12 puntos e 5 rebotes por xogo. Após finalizar a temporada e rexeitar a renovación pola Reggiana, o 6 de xullo anúnciase a súa incorporación ao Río Breogán da Liga ACB. A nivel internacional debutou coa selección absoluta de Italia o 26 de febreiro de 2023 ante , onde conseguiu facer 2 puntos en 5 minutos de xogo.
Clubs Ao longo da súa carreira, Diouf ten xogado para os seguintes equipos profesionais: Pallacanestro Reggiana (LBA / BCL, 2022−2023) Río Breogán (ACB / BCL, 2023−presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Proballers Perfil na páxina web da FIBA Perfil na páxina web da BCL
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Nados en Dakar Categoría:Xogadores de baloncesto do Senegal Categoría:Xogadores de baloncesto de Italia Categoría:Xogadores do Pallacanestro Reggiana Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de Italia