Inverso (en ) é unha serie de televisión estadounidense creada por Scott B. Smith. Producida por Amazon, está vagamente baseada no libro homónimo de 2014 escrito por William Gibson. Os creadores de Westworld Jonathan Nolan e Lisa Joy son os produtores executivos xunto con Athena Wickham, Steve Hoban, e Vincenzo Natali. Ambientada aproximadamente unha década no futuro, cunha nova tecnoloxía que cambiou a sociedade de xeito sutil, unha usuaria de realidade virtual recibe unha conexión cunha realidade alternativa, así como un futuro escuro propio.

A serie estreouse no Ace Hotel dos Ánxeles o 11 de outubro de 2022, e estreouse o 21 de outubro de 2022 a través de Amazon Prime Video, onde conta cunha versión subtitulada en galego. En febreiro e 2023, a serie foi renovada para unha segunda tempada.

Personaxes

Chloë Grace Moretz como Flynne Fisher Gary Carr como Wilf Netherton Jack Reynor como Burton Fisher JJ Feild como Lev Zubov T'Nia Miller como Cherise Nuland Louis Herthum como Corbell Pickett Katie Leung como Ash Melinda Page Hamilton como Ella Fisher Chris Coy como Jasper Baker Alex Hernandez como Tommy Constantine Julian Moore-Cook como Ossian Adelind Horan como Billy Ann Baker Austin Rising como Leon Eli Goree como Conner Penske Charlotte Riley como Aelita West Alexandra Billings como Inspectora Ainsley Lowbeer

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión con versión galega