Gantz é un filme xaponés de ciencia ficción de 2011 dirixido por Shinsuke Sato. O filme baséase na obra de manga Gantz de Hiroya Oku. Está protagonizado por Kazunari Ninomiya e Kenichi Matsuyama, e conta a historia de dous estudantes de secundaria que morren e son transportados a un mundo alternativo. Nesta realidade alternativa, unha esfera negra dálles a misión de matar extraterrestres. A súa secuela Gantz: Perfect Answer, estreouse en abril de 2011.
Sinopse O filme conta a historia de dous rapaces, Kei Kurono (Kazunari Ninomiya) e Masaru Kato (Kenichi Matsuyama), que morren nun accidente de tren. Despois da súa morte son transportados a outro mundo, onde existe unha bola negra coñecida como Gantz. Dentro do Gantz hai un home calvo con soporte vital. Gantz atópase nun apartamento sen amoblar en Toquio, e obrígaos a participar en misións para cazar e matar alieníxenas. Eles loitan por descubrir se é un xogo ou a realidade. Kurono e Kato, e outras persoas que acaban de falecer deben acumular puntos matando alieníxenas e, cando obteñan cen puntos, poden optar por resucitar ou devolverlle a vida á persoa que elixan.
Personaxes Kazunari Ninomiya como Kei Kurono Ken'ichi Matsuyama como Masaru Kato Yuriko Yoshitaka como Tae Kojima Kanata Hongō como Joichiro Nishi Natsuna Watanabe como Kei Kishimoto Kanata Hongō como Joichiro Nishi Tomorowo Taguchi como Yoshikazu Suzuki Takayuki Yamada como Masamitsu Shigeta Gō Ayano como líder descoñecido do grupo Ayumi Itō como Yutsuriko Aikawa
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gantz
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Shinsuke Sato Categoría:Filmes con banda sonora de Kenji Kawai Categoría:Filmes de Toho