Casilda de Antón del Olmet y López de Haro, nada en Huelva o 21 de febreiro de 1871 e finada en Madrid o 8 de xuño de 1954, foi unha poeta, ensaísta e dramaturga española de finais do século XIX e principios do XX.

Traxectoria De familia culta e de posición económica desafogada, creceu nun ambiente humanístico e cultural que lle permitiu viaxar, facilitou a súa esmerada educación e desenvolveu a súa afección pola literatura. Compartía esta última cos seus irmáns: Fernando de Antón del Olmet, Marqués de Dosfuentes (diplomático e poeta) e Luis Antón del Olmet (escritor, xornalista e político). Porén, segundo algunhas fontes non tería relación algunha con este último.Hormigón (1997: 203)

Viaxou a Madrid na súa mocidade e instalouse alí, onde accedeu aos círculos políticos e intelectuais do momento. A súa traxectoria literaria comezou na lírica a través de composicións poéticas publicadas en diarios do seu tempo como La Época e La Correspondencia de España. Neses xornais tamén colaborou con artigos de costumes. A súa presenza é manifesta, amais, en publicacións andaluzas do seu tempo, especialmente na revista La Alhambra (Granada). Nela publicou unha ducia de poemas, así como crónicas e artigos de costumes.Ramírez (2000: 57)

Con todo, o primeiro libro que levou a imprenta foi a obra teatral En conciencia: comedia dramática en tres actos y en prosa (1901). Foi estreada con anterioridade á súa publicación no Teatro Español de Madrid o 20 de abril dese ano. Supuxo un gran fracaso teatral, que a propia autora achacou ao feito de representarse inmediatamente despois de Electra de Benito Pérez Galdós. Conta a historia dun mozo que casa cunha muller á que, por avaricia, odian a nai e a irmá do protagonista. Estas só esperan dela un dote que nunca chega. A escasa acollida da obra empuxou a Casilda de Antón a abandonar a dramaturxia e centrarse na poesía e o ensaio. miniatura|Portada do libro Feminismo Cristiano (1931) Precisamente, o ano seguinte publica o ensaio-memoria El servicio doméstico: memoria sobre la necesidad de fundar una sociedad de señoras para la protección y moralidad de la sirviente, como medio de evitar un contingente a la trata de blancas. O proxecto foi enviado á Comisión de Reformas Sociales e deixa constancia da situación de abandono de moitas mulleres dedicadas ao servizo doméstico na España da época. Propón 14 recomendacións, entre elas a creación dunha casa de acollida e a instauración de asistencia médica e de pensións de xubilación para as traballadoras. Así mesmo, estabelece sancións para elas en caso de faltas e esquecementos, que poderían supor a expulsión do sector.

Nas seguintes décadas Casilda de Antón obtivo certa sona coas súas composicións en verso, especialmente tras publicar Cancionero de mi tierra (1917) e Nuevo cancionero (1929). Estes recompilaban diversos poemas, algúns dos cales xa apareceran en diarios da época.

Foi Dama da Real Maestranza de Cabalaría de Zaragoza e condecorada coa Medalla desa cidade.

En 1931, poucos meses antes da proclamación da Segunda República Española e de aprobarse o sufraxio feminino en España, edítase o seu libro Feminismo cristiano. Nun conxunto de ensaios en forma de artigos xornalísticos trata o feminismo desde un punto de vista tradicional, moralizante e relixioso. O diario ABC destácao nunha recensión:

En 1942 publicouse o seu último poemario, Cien sonetos.Merlo (2010) Finou en Madrid o 8 de xuño de 1954.

Trazos temáticos e estilísticos Por idade, estivo asociada á Xeración do 27 e ás Sinsombrero. Porén, o seu estilo literario e os seus principios ideolóxicos están moi distantes dos desas artistas.

A súa poesía é de corte tradicionalista e dominan os retratos paisaxísticos cheos de nostalxia, espontaneidade e sentimento. Emprega metros clásicos como o soneto, o romance e a copla.

A súa única obra teatral publicada, En conciencia (1901), tivo mala acollida por parte do público. A crítica rexeitou a arquitectura e estrutura dramática da obra, así como o escaso desenvolvemento psicolóxico dos seus personaxes.Canto aos seus ensaios, predominan os artigos de opinión moi marcados polo tradicionalismo, a moral católica e un ton didáctico que rexeita a igualdade entre homes e mulleres.

Obras Teatro En conciencia: comedia dramática en tres actos y en prosa (1901). Madrid, Imprenta R. Velasco.

Poesía Cancionero de mi tierra (1917). Prólogo de Pedro de Novo y Colsón, Madrid, Pueyo. Nuevo cancionero (1929). Soneto-prólogo de Pedro Novo e F. Chicarro. Madrid, Pueyo. Cien sonetos (1942). Madrid, Augusto Boné.

Ensaio El servicio doméstico: memoria sobre la necesidad de fundar una sociedad de señoras para la protección y moralidad de la sirviente, como medio de evitar un contingente a la trata de blancas (1902). Madrid, Ambrosio Páez. Vida ejemplar de una Hija de María: Notas biográficas acerca de la Señora Domiciana Epifania Gómez de la Majada (1929). Madrid, Pueyo. Feminismo cristiano (1931). Madrid, Pueyo. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Huelva Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Poetas en lingua castelá