miniatura| Un dos petróglifos situados na Laxe da Forneiriña, O Campo Lameiro.|240x240px miniatura| Petróglifos de Mogor|240x240px miniatura| Pedra Grande de Montecelo, Poio|240x240px O conxunto de arte rupestre de Terras de Pontevedra é un conxunto de xacementos e vestixios de arte prehistórica situado na zona central da provincia de Pontevedra, unha zona que destaca pola elevada presenza deste tipo de artes, unha das maiores concentracións de arte rupestre de toda Europa.

O seu nome fai alusión á mancomunidade de concellos que integran os concellos de Pontevedra, O Campo Lameiro, Barro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa. En todos eles atópanse numerosos vestixios neolíticos, e calcolíticos, alén doutros restos castrexos e romanos. En Terras de Pontevedra hai múltiples conxuntos de petróglifos, algúns deles, como os do Campo Lameiro, Mogor ou Poio, están declarados Ben de Interese Cultural. Características Estes petróglifos son gravados rupestres prehistóricos que, en Galiza, conforman o denominado Grupo Galaico de Arte Rupestre e representan un fenómeno cultural singular. Aparecen principalmente nas Rías Baixas, sobre pedra granítica. Os investigadores chegaron ao consenso de que os petróglifos de Terras de Pontevedra foron realizados a finais do Neolítico, na transición entre a Idade do Cobre e a Idade do Bronce, é dicir, entre os anos 3.000 e 2.000 a. C.

Temas A temática dos gravados situados en Terras de Pontevedra é variada. Pódense dividir en dous grandes grupos:

o naturalista, onde se representan figuras antropomórficas, utensilios de caza e animais (especialmente cervos, cabalos ou cobras) e pegadas; o xeométrico, onde predominan as formas e os debuxos abstractos, como cazos, combinacións circulares, labirintos ou espirais. Localizacións

Parque Arqueolóxico do Campo Lameiro Gravados rupestres de Fentáns, Cerdedo Cotobade Petróglifos de Mogor, Marín, coñecidos popularmente como Labirintos de Mogor Área arqueolóxica da Caeira, Poio Área arqueolóxica de Tourón, Ponte Caldelas Conxunto megalítico de Chan de Castiñeiras, Vilaboa

Véxase tamén

Arte prehistórica Arte esquemática

Bibliografía

Buenaventura Aparicio e Antonio de la Peña: Arte Rupestre en Galicia, Edicións do Cumio, 2013 ( ISBN 978-84-8289-466-9 ).

Ligazóns externas

Arte rupestre | Terras de Pontevedra Web da mancomunidade. PAAR Páxina web do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre do Campo Lameiro.