Quíntuplo soberanoXurxo III (1760-1820) "5 Pounds - George III Pattern". Numista.com160x160px160x160pxA/: Retrato laureado de Xurxo III cara á dereita. Marca de gravador (PISTRUCCI). Lenda: GEORGIUS III D: G: BRITANNIARUM REX F: D:R/: San Xurxo a cabalo matando o dragón, cara á dereita. Marca de gravador (PISTRUCCI). Lenda: (anepigráfica) País: Reino Unido. Valor: 5 soberanos = 5 libras. Data: 1820 Gravador: Benedetto Pistrucci. Ceca: Royal Mint, Londres. Tiraxe: 27 exemplares (proof). Metal: ouro (916 milésimas). Diámetro: 36,02 mm. Peso: 39,96 g. Canto: DECUS ET TUTAMEN. ANNO REGNI LX O quíntuplo soberano é unha moeda de ouro británica co valor de cinco soberanos ou, o que é o mesmo, cinco libras esterlinas. Cuñouse de xeito intermitente desde 1820, aínda que como moeda destinada á circulación só en 1887, 1893 e 1902.
A súa tipoloxía orixinal —que é a máis característica e a utilizada na maior parte da súa historia— representa no seu anverso a efixie do monarca reinante en cada momento e no seu reverso a imaxe de San Xurxo e o dragón creada polo artista italiano Benedetto Pistrucci en 1817 para a moeda dunha libra esterlina ou un soberano.
Malia non se ter iniciado a súa produción ata 1820, a peza de cinco libras foi unha das autorizadas orixinalmente no proceso de reforma monetaria coñecido como a Gran Recuñaxe de 1816. Con todo, esa primeira emisión de 1820 foi só a modo de proba e a súa tiraxe limitouse a pouco máis de dúas ducias de exemplares. A súa cuñaxe retomouse en moi pequenas cantidades en 1826, en 1829 e en 1839, esta última coa apreciada representación de Una and the Lion (galego: "Una e o león") de William Wyon, para conmemorar o ascenso ao trono da raíña Vitoria (1837-1901). Aínda que esta moeda estivo á venda durante case medio século na Royal Mint, crese que só se cuñaron 400 unidades.
En 1887, o quíntuplo soberano cuñouse por primeira vez para a súa posta en circulación ordinaria, e o mesmo sucedeu coas emisións de 1893 e 1902, aínda que en realidade foron poucos os exemplares que chegaron a circular. Os exemplares cuñados en 1911 só estiveron dispoñibles para a súa adquisición na Royal Mint como parte dun xogo de probas emitidas para os coleccionistas. Pola súa parte, os dous únicos exemplares cuñados como proba en preparación dunha futura emisión de Eduardo VIII (1936-1936) que non chegou a producirse, constitúen a maior rareza da serie do quíntuplo soberano: un deles vendeuse en 2021 por 1.654.000 libras esterlinas, o prezo máis alto pagado por unha moeda británica.
Aínda que practicamente toda a emisión do quíntuplo soberano se levou a cabo na Royal Mint, de Londres, en 1887 cuñouse tamén unha limitadísima tiraxe de tres exemplares en Australia, na Sydney Mint, para conmemorar o 50 aniversario do reinado da raíña Vitoria. En 1902, en Sydney realizouse unha nova cuñaxe de tres exemplares para conmemorar a coroación de Eduardo VII (1901-1910).
A partir de 1980, logo da decimalización do sistema monetario británico, a moeda de ouro de cinco libras continuou a cuñarse na ceca londiniense en diferentes ocasións para a súa venda a coleccionistas e como moeda de investimento. Aínda que xeralmente presenta o coñecido deseño de Pistrucci, emitíronse tamén versións conmemorativas, como en 2022, en memoria da morte de Isabel II (1952-1922), xa co busto do seu fillo e sucesor, Carlos III.
Orixes Véxase tamén: Soberano (moeda) miniatura|180x180px|Esbozo de Pistrucci do San Xurxo e o dragón, habitual nos reversos do quíntuplo soberano.O precedente do quíntuplo soberano é a moeda de ouro de cinco guineas, que empezou a cuñarse en 1668, daquela coa equivalencia cen xilins, que naquel momento coincidía con cinco libras, polo que recibía tamén adoito esta denominación. Mais posteriormente o valor da guinea comezou a flutuar, ata se colocar en vinte e un xilins en 1717. Segundo Richard Lobel, no seu catálogo das moedas de Inglaterra e do Reino Unido, algúns autores sosteñen que a peza de cinco libras emitida con posterioridade á Gran Recuñaxe de 1816 constitúe simplemente unha continuación da anterior guinea, cuñada por derradeira vez en 1753. Con todo, Lobel separa as dúas series no seu catálogo.Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxinas 421, 426-427.
Logo das guerras napoleónicas, o Parlamento británico, mediante a Lei da Moeda de 1816, situou oficialmente a Gran Bretaña no padrón ouro ao definir a libra como unha cantidade determinada dese metal. Case todos os parlamentarios se amosaron partidarios de ter no sistema monetario unha moeda co valor de vinte xilins, no canto de seguir utilizando a vella guinea.Clancy, K. (2017) . Páxinas 52-55. Unha das razóns para a introdución da cuñaxe de moedas de ouro baseadas no soberano era que o seu valor, equivalente a unha libra esterlina, era máis conveniente que o da guinea de vinte e un xilins.Seaby, P. (1985). Páxina 147. Non obstante, a Lei da Moeda non especificaba que moedas debía cuñar a Casa da Moeda.Seaby, P. (1985). Páxinas 116-117.
Un comité do Consello Privado do Reino Unido recomendou que se emitisen moedas de ouro de dez xilins, de vinte xilins, de dúas libras e de cinco libras, e este ditame foi asumido por Xurxo IV, daquela príncipe rexente, o 3 de agosto de 1816.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 7. Neste novo sistema, a peza de vinte xilins (unha libra) denominouse "soberano", recuperando a denominación dunha anterior moeda de ouro inglesa do século XV, probablemente pola presión dos anticuarios con intereses numismáticos.Clancy, K. (2017) . Páxina 57.
O soberano e o medio soberano emitíronse por primeira vez xa en 1817, mais nun principio non se cuñaron as dúas moedas meirandes.Spink & Son Ltd. (2004). Páxinas 389-390. Desde 1754 non se emitiran moedas de valor superior ao dunha guinea destinadas á circulación xeral, xa que a necesidade de moedas de maior valor se cubrira coa emisión de papel moeda.Bull, M. (2023). Páxina 3.
O deseño de San Xurxo e o dragón foi suxerido como motivo apropiado para o soberano polo seu creador, o escultor italiano aveciñado en Londres Benedetto Pistrucci, baseándose nun camafeo que el tallara con anterioridade.Clancy, K. (2017) . Páxina 58.
Primeiras emisións (1760-1830)
Xurxo III (1760-1820) A primeira emisión da moeda de cinco libras, ou quíntuplo soberano, posterior á reforma monetaria de 1816 tivo lugar en 1820 aínda que só como cuñaxe de proba, coa efixie de monarca Xurxo III (1760-1820). O seu anverso amosaba o busto do rei ollando cara á dereita, rodeado pola lenda GEORGIUS III D G BRITANNIAR REX F D ("Xurxo III, pola graza de Deus, rei dos británicos, defensor da fe") e coa data no exergo, en tanto que o reverso representaba unicamente o deseño de San Xurxo e o dragón de Pistrucci, ocupando todo o campo da moeda, sen a data nin lenda ningunha. Este deseño aparecera por primeira vez no soberano de 1817, aínda que daquela rodeado por unha fita que portaba como lenda HONI SOIT QUI MAL Y PENSE ("Deshonrado sexa quen pense mal"), o lema da Orde da Xarreteira.Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxina 453. O deseño vai asinado nesta primeira emisión da moeda por Pistrucci, en tanto que gravador, co seu apelido completo, no anverso baixo o truncamento do pescozo do monarca e no reverso baixo o deseño de San Xurxo e o dragón na parte inferior esquerda. Aparecen tamén as siglas W.W., correspondentes ao mestre de ceca William Wellesley-Pole, dentro do deseño, por riba da lanza rota.Bull, M. (2023). Páxina 2.
O autor numismático Richard Lobel, ao describir a peza de cinco libras de 1820, sinalou que nunha copia do libro de G. F. Crowther A Guide to English Pattern Coins (1887), presentada a unha persoa descoñecida cos cumprimentos do editor, hai unha anotación a lapis que di que o traballo na peza de 1820 se completou uns días antes do falecemento de Xurxo III, e despois de que Pistrucci, camiñando cara á súa casa o día da morte do rei, oíse as campás da igrexa que anunciaban o pasamento. Daquela regresou á Royal Mint e deu instrucións para que se cuñasen algunhas moedas de cinco libras á mañá seguinte. Lobel describiu este feito como un "episodio fascinante da historia numismática".Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxina 717.
Xurxo IV ( 1820-1830) "5 Pounds - George IV Pattern". Numista.com160x160px160x160pxA/: Retrato espido de Xurxo IV cara á esquerda. Lenda: GEORGIUS IV DEI GRATIAR/: Escudo coroado con manto. Lenda: BRITANNIARUM REX FID:DEF: Data: 1826 Gravador: William Wyon (A/) e Jean Baptiste Merlen (R/). Ceca: Royal Mint, Londres. Tiraxe: 150 exemplares (proof). Metal: ouro (916 milésimas). Diámetro: 36,02 mm. Peso: 39,96 g. Canto: DECUS ET TUTAMEN ANNO REGNI SEPTIMO
Pola súa banda, o numismático Edward Hawkins, nun traballo seu de 1850 describía tamén de xeito dramático o que el consideraba uns heroicos esforzos para asegurar que realmente se puidesen chegar a cuñar as probas dos dobres soberanos e dos quíntuplos soberanos antes do falecemento do rei. Mais William John Hocking e outros eruditos que se encargaron do estudo deste asunto con posterioridade concluíron que os cuños non se completaron ata despois da morte do monarca, o 29 de xaneiro de 1820.Bull, M. (2023). Páxinas 3-4.
Os aproximadamente 25 exemplares cuñados distribuíronse entre os responsables da Casa da Moeda de Londres, destacados numismáticos e outros persoeiros importantes da época, ademais de entregarse senllos exemplares á propia Casa da Moeda e ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Un espécime desta moeda acadou nunha poxa numismática celebrada en outubro de 2021 a cantidade de 635.000 libras esterlinas.Bull, M. (2023). Páxina 6.
Xurxo IV (1820-1830)
A seguinte emisión do quíntuplo soberano foi durante o reinado de Xurxo IV (1820-1830), en 1826, dispoñible unicamente formando parte da serie dese ano emitida para os coleccionistas, en versión proof —cun acabamento especial de fondo espello e relevo mate—. Coñécese tamén un rarísimo exemplar que amosa a data de 1829.Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxina 427.
O anverso do quíntuplo soberano de Xurxo IV amosa no anverso a efixie espida do rei ollando cara á esquerda, rodeada pola lenda GEORGIUS IV DEI GRATIA ("Xurxo IV pola graza de Deus"...), en tanto que o reverso representa o escudo do Reino Unido coroado, dentro dunha capa, rodeado pola continuación da lenda iniciada no anverso; BRITANNIARUM REX FID DEF ("...rei dos británicos, defensor da fe").
Vitoria (1837-1901) Modelo I "5 Pounds - Victoria 1st portrait; 'Una and the Lion'". Numista.com160x160px160x160pxA/: Retrato xuvenil espido de Vitoria cara á esquerda. Lenda: VICTORIA D:G: BRITANNIARUM REGINA F:D:R/: Vitoria en pé con orbe e cetro. León á súa dereita. Marca de gravador (W. WYON). Lenda: DIRIGE DEUS GRESSUS MEOS. MDCCCXXXIX Data: 1839 Gravador: William Wyon. Ceca: Royal Mint, Londres. Tiraxe: 400 exemplares (proof). Metal: ouro (916 milésimas). Diámetro: 38,00 mm. Peso: 39,00 g. Canto: DECUS ET TUTAMEN ANNO REGNI TERTIO ou liso.
Ao longo do canto desta moeda de 1826 lese a inscrición DECUS ET TUTAMEN ANNO REGNI SEPTIMO ("Gloria e salvagarda; sétimo ano do reinado"), en tanto que o único exemplar coñecido da de 1829 ten o canto liso.
Non se emitiron moedas de cinco libras durante os reinados do seu sucesor, Guillerme IV (1830-1837).
Emisións da época vitoriana (1837-1901)