miniatura|Paleoxeografía do Devoniano tardío, hai 380 Ma.

O Frasniano ou Frasnense é un dos dous pisos faunísticos do Devoniano tardío. Durou desde hai millóns de anos a hai millóns de anos. Foi precedido polo piso Givetiano e seguido polo piso Famenniano.

Durante o Frasniano producíronse grandes construcións de arrecifes, especialmente no oeste do Canadá e Australia. En terra, estaban formándose os primeiros bosques. En América do Norte o oroxenia Antler estaba no seu auxe, que foi contemporánea da fase Bretónica da oroxenia varisca ou herciniana en Europa.

O Frasniano coincide coa segunda metade da "interrupción do carbón vexetal" no rexistro fósil, un intervalo de tempo con baixos niveis de oxíxeno atmosférico, por debaixo do 13%, o mínimo necesario para que poida haber lumes forestais.

En América do Norte fanse as seguintes subdivisións no Frasniano: Grupo West Falls Grupo Sonyea Grupo Genesee

Nome e definición O piso Frasniano propúxoo en 1879 o xeólogo francés Jules Gosselet e foi aceptado para o piso inferior do Devoniano superior pola Subcomisión sobre Estratigrafía do Devoniano en 1981. O seu nome procede do da vila belga de Frasnes-lez-Couvin.

Notas

Categoría:Devoniano